Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coworking Dixital Compostela achega en xullo dous cursos de transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coworking Dixital Compostela achega en xullo dous cursos de transformación dixital

S. P.
Publicado: 02/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

4895_digitaljourneymapgal_red_camara_compostela_coworking_dixital.jpgO Coworking Dixital Compostela (espazo de traballo colaborativo e innovador da Cámara de Comercio de Santiago e integrado na Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña) vai organizar este mes de xullo dúas accións formativas que axudarán á transformación dixital de autonomos, pemes e profesionais da contorna compostelá. Trátase dos cursos Deseña unha unha proposta de valor atractiva e como comunicala e Mellora a experiencia do cliente con tecnoloxías dixitais: o Digital Journey Map. Levaranse a cabo na sede do Coworking no Polígono de Costa Vella, no 40 da rúa República Checa de Santiago.
O primeiro desenvolverase o martes 9 de xullo pola tarde, a partir das 16.00 horas. Terá 3 horas de duración. Este obradoiro ten como obxectivo ensinarnos a identificar necesidades do mercado, desenvolver unha proposta clara e aplicar estratexias de comunicación para presentara a diversas audiencias, incluíndo clientes, socios e investidores. Utilizando un enfoque práctico co lenzo da proposta de valor, proporcionaranse ferramentas e coñecementos esenciais para crear e comunicar contribucións de valor efectivas e diferenciadas.
O obradoiro será impartido por Raquel Argibay, experta en desenvolvemento empresarial e con máis de 15 años de experiencia asesorando a persons emprendedoras e pemes a mellorar a súa competitividade.
O segundo dos cursos levarase a cabo o 16 de xullo pola tarde, a partir das 16.00 horas, e será, tamén de tres horas de duración. Durante esta sesión teórico-práctica, exploraranse os conceptos fundamentais do Digital Journey Map, desde a súa definición ata a súa aplicación en distintos contextos empresariais.
As persoas participantes aprenderán a identificar puntos de interacción clave cos clientes, avaliar oportunidades para implementar ferramentas tecnolóxicas e desenvolver estratexias para optimizar cada etapa do percorrido do cliente. A través de exemplos prácticos e exercicios interactivos, os asistentes adquirirán as habilidades necesarias para transformar dixitalmente os seus negocios e ofrecer experiencias de cliente superiores e personalizadas.
A sesión será impartida por Pablo López Pérez, experto en transformación dixital e experiencia do cliente, ademais de en facilitar procesos de cambio baseados na metodoloxía do coaching e é formador de habilidades directivas e intelixencia emocional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?