Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco nomea a Gabriel Salarich novo director rexional do leste de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco nomea a Gabriel Salarich novo director rexional do leste de España

S. P.
Publicado: 02/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

seresco_gabriel_salarich.jpgSeresco, compañía tecnolóxica especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital de empresas e organismos públicos, nomeou a Gabriel Salarich como novo director rexional para o leste de España. Desta forma, Seresco fortalece as súas capacidades e reforza a súa presenza en áreas estratéxicas como Cataluña e o resto do Mediterráneo. Como lembraremos, a compañía ten unha presenza máis que consolidada no centro, norte e noroeste da xeografía española, incluída Galicia, onde conta (en Vigo) cun dos seus máis destacados centros de actividade.
Segundo informaron fontes da empresa TIC, a zona leste, con Barcelona como epicentro, é igualmente un territorio clave para a organización. O reforzo na beira mediterránea do país recóllese na folla de roteiro da compañía, cuxo principal obxectivo é alcanzar no 2025 unha cifra de facturación próxima aos 70 millóns de euros. Nesta folla de roteiro sinálase o alto valor estratéxico que ofrece o mercado de clientes catalán, de “alto valor estratéxico”, característica aplicable tamén ao mercado galego, segundo lembran dende Seresco, engadindo que estes mercados “son un compoñente crucial na facturación da compañía”.
Gabriel Salarich é licenciado en Ciencias Económicas, especializado en economía monetaria e sector público, pola Universidade Complutense de Madrid. Ademais, conta cun MBA na Escola de Negocios de Madrid. Gabriel posúe ampla experiencia liderando todo tipo de compañías, onde se focalizou en crear valor e obter crecemento, asegurando unha ganancia rendible de cota de mercado. Así mesmo, ten experiencia liderando o proceso de transformación dixital das devanditas compañías, nas que obtivo unha maior eficiencia e sustentabilidade.
Coa súa incorporación a Seresco, Gabriel será o encargado de dirixir a actividade na zona do Mediterráneo, mantendo o negocio existente e sendo o responsable de implementar na comunidade o plan estratéxico da compañía.
“A zona leste da Península é un territorio que, historicamente, representou un bastión para Seresco. De feito, levamos máis de 25 anos en Barcelona, unha praza fundamental na folla de roteiro da compañía. Este nomeamento é unha clara aposta da entidade por seguir fortalecéndonos na comunidade e proporcionar aos nosos clientes un servizo aínda máis completo e que avance cara á excelencia”, apunta Carlos Suárez, conselleiro delegado de Seresco.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?