Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentos Inclusivos do CITIC, primeiro premio en Innovación Social da X Maker Faire Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentos Inclusivos do CITIC, primeiro premio en Innovación Social da X Maker Faire Galicia

S. P.
Publicado: 02/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

talentos_inclusivos_premio_maker_faire_galicia.jpgO programa Talentos Inclusivos, impulsado polo Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, segue a sumar recoñecementos que poñen o foco no seu potencial para derrubar barreiras en materia tecnolóxica. Concretamente, na última fin de semana de xuño outorgóuselle o primeiro premio en Innovación Social da Maker Faire Galicia, que conmemorou a súa décima edición.
O galardón foi recollido polo equipo de CITIC-Talentos Inclusivos que participou neste evento, que impulsa a innovación social, artesanal e industrial e ofreceu charlas, obradoiros e presentacións de máis de 45 proxectos en categorías como Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social.
Este ano, a feira científica estreou un formato innovador coa celebración de tres xornadas independentes. A primeira sesión abordou o emprendemento e a innovación social como temáticas principais. As actividades incluíron unha mesa inaugural con representantes das institucións organizadoras e concluíron coa entrega de premios e un concerto de clausura. Realizáronse un total de 14 charlas e mesas redondas con destacados expertos do sector, así como diversos talleres en tres zonas temáticas que abarcaron desde actividades lúdicas ata talleres de tecnoloxía avanzada e arte.
maker-faire1.jpg A X Maker Faire Galicia conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Área Central, a Fundación Laboral da Construción e a Sionlla Biopolo, e organizouse de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC, mantendo o seu compromiso de fomentar a creatividade, a innovación e o talento na comunidade maker.
Na caseta do CITIC presentouse o proxecto Talentos Inclusivos, así como outros desenvolvementos tecnolóxicos pensados para mellorar a vida das persoas con discapacidade. A investigadora do CITIC Paula de Santos presentou a adaptación do videoxogo Mario Kart para Nintendo Switch, coa que persoas con mobilidade reducida poden manexar o mando utilizando o tronco ou a cabeza. Pola súa banda, Jorge Rivadulla mostrou o xogo Compra con-migo, unha iniciativa impulsada polo investigador que pon o foco no desenvolvemento das habilidades cognitivas e psicomotrices das persoas con discapacidade.
Innovación inclusiva
maker-faire2.jpg Doutra banda, o pasado 28 de xuño celebrouse tamén en Santiago unha mesa redonda no centro comercial Área Central, no marco dos Xoves de ONCE Innova. Este evento, moderado por Cristian Sainz de Marles , contou coa participación de Covadonga Toca, directora do IGAPE da Xunta de Galicia; Irene Brage, Project Manager en Talentos Inclusivos do CITIC da UDC e Pablo Genúa Touriñán, xefe de Coordinación e Talento da DT Galicia da ONCE.
O debate centrouse na innovación inclusiva, abordada desde tres perspectivas crave: a académica, a dos afiliados e a da administración pública. Irene Brage, en representación do programa do CITIC Talentos Inclusivos, destacou a importancia deste proxecto para espertar vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) entre mozas e sensibilizar sobre a realidade da discapacidade. Brage explicou como, a través de equipos colaborativos de estudantes de Secundaria e Bacharelato, “trabállanse en solucións tecnolóxicas para retos propostos por persoas con parálise cerebral, promovendo así a inclusión e preparando a futuras xeracións para enfrontar desafíos sociais e tecnolóxicos cunha perspectiva máis ampla e empática”.
Ambos os eventos subliñaron a importancia dos ecosistemas de innovación, que inclúen universidades, empresas, institucións gobernamentais e organizacións da sociedade civil. “Estes ecosistemas”, explicaron fontes do CITIC, “son fundamentais para crear unha contorna onde as ideas poidan converterse en realidades tanxibles, xa que facilitando a colaboración multidisciplinar e o intercambio de coñecementos, promóvese un desenvolvemento máis inclusivo e sustentable”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?