Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña pon na Rede un documental sobre a homosexualidade na Galiza medieval
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña pon na Rede un documental sobre a homosexualidade na Galiza medieval

S. P.
Publicado: 03/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1720000665981.jpgA Deputación da Coruña acolleu a presentación de Maridos e sodomitas, os casamentos de home no reino da Galiza medieval, un proxecto da área de igualdade da Deputación, realizado por Nós TV e con idea orixinal, guión e documentación do escritor ribeirense Carlos Callón. Este documental, o primeiro audiovisual que aborda a historia da homosexualidade no medievo galego, estrearase este xoves ás 21:00 horas, no YouTube da Deputación da Coruña e de Nós Televisión. Tamén poderá verse na canle 119 de R e na plataforma Movistar Plus+.
Cun formato road trip, ao longo de 36 minutos, Callón vai viaxando por diferentes puntos da xeografía galega para dar a coñecer algúns fitos, documentación e monumentos da nosa historia.
A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, a outense Soledad Agra, enmarcou esta peza “dentro da programación de actividades polo Día do Orgullo, que desenvolvemos durante todo o ano”. E, salientou que, con ela, “recuperamos a historia da homosexualidade na Idade Media, cun documental único en Europa”.
deputacion_medieval_galiza_homosexualidade.jpg A produtora executiva de Nós Televisión e do documental, Rosabel Candal, agradeceulle á Deputación “a confianza” para “abordar por primeira vez a historia da homosexualidade no Reino Medieval en Galego”, un fito que representa “un paso máis en positivo no coñecemento da memoria tanto da diversidade sexual como do propio pobo galego”, dixo, engadindo que “a homofobia non existía do mesmo xeito que na actualidade, pois hai unha serie de pegadas que dan conta de que as relacións entre homes estaban máis normalizadas do que nos pode parecer” .
Carlos Callón sumouse ao agradecemento á entidade provincial para a elaboración dunha peza “que nace de dúas sensibilidades: rescatar a historia do país e a da diversidade”. Trátase, apuntou, “dun traballo colectivo que, dende mañá, pasará a ser de todas e de todos, que trata de recuperar a memoria esquecida, aquilo que está nos documentos pero que non se ve”. Neste sentido, Callón sinalou que “a nosa riqueza documental é inmensa e debemos divulgala”. Ese é, precisamente, o obxectivo deste audiovisual, “o primeiro europeo que fala das unións entre homes na Idade Media”, que contribuirá a “desarmarizar a historia” a través dun percorrido con “auténticos eruditos que nos amosan que outros tipos de masculinidades xa existían no medievo”. E, conclúe dicindo que o documental representa “unha loita pola verdade histórica”.


Tráiler do documental

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?