Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre as súas portas o Espazo Maker Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre as súas portas o Espazo Maker Compostela

S. P.
Publicado: 03/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

santiago_espazo_maker.jpgSantiago contará a partir deste venres cun espazo permanente e con actividades estables para a promoción da cultura maker, movemento centrado nas tecnoloxías dende unha óptica aberta, participativa, democrática, argalleira e creativa. Trátase do Espazo Maker Compostela, que estará emprazado na Casa das Asociacións de Cornes, en Conxo, e que ofrecerá diferentes actividades e obradoiros nas tardes dos venres e os sábados todo o día.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou este 3 de xullo os detalles do novo servizo “que está destinado a impulsar a creatividade entre a veciñanza, e a fomentar a súa participación en actividades tecnolóxicas e creativas”.
María Rozas fixo saber que o Espazo Maker Compostela “é unha aposta da Concellaría de Promoción Económica por ir un paso máis alá, despois do éxito doutras iniciativas que se puxeron en marcha nos últimos anos como a Academia Maker que funcionou de maneira itinerante pola rede de Centros Socioculturais, ou o laboratorio dixital móbil que percorreu a cidade durante varias semanas o ano pasado”. Estas accións, dixo, estaban enmarcadas no programa de dinamización económica Faino Ti, financiado con fondos europeos da EDUSI. A concelleira apuntou que o equipamento informático e tecnolóxico utilizado nesas iniciativas pasou a ser propiedade do Concello, “e serve agora de base para este espazo permanente, que será un punto de encontro para profesionais, persoas emprendedoras e cidadanía en xeral, interesada na tecnoloxía e a innovación”. María Rozas salientou tamén que estas actividades “encaixan nos obxectivos da Axenda Urbana 2030 no que ten que ver coa promoción da innovación, a sustentabilidade e a participación cidadá”.
Xornadas de portas abertas e obradoiros
O Espazo Maker Compostela botará a andar este venres 5 de xullo, cunha xornada de portas abertas a partir das 17.30 horas, na que tamén haberá unha charla-obradoiro con Enrique Saavedra e Marcos Saavedra, co-fundadores da Maker Faire Galicia, da primeira Asociación de Makers de Compostela, Recuncho Maker, e da academia de argalleiras/os tecnolóxicas/os VermisLAB. Marcos Saavedra mostrou a súa satisfacción pola apertura deste espazo “que ten ademais a potencialidade de que será a comunidade maker a que decida como funciona e que actividades se programan”.
Tras a apertura do venres, o Espazo Maker Compostela funcionará de xeito habitual os venres, en horario de 16:00 a 20:00 horas; e os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Para o mes de xullo están previstos obradoiros de deseño e Impresión 3D, Realidade Virtual e corte láser, a cargo da empresa We Robots e dirixidos a persoas maiores de 16 anos. O seu representante, Vicente Calvo, mostrou o seu convencemento de que “este espazo será un éxito, porque afonda na metodoloxía que levamos poñendo en práctica oito anos para achegar coñecementos relacionados coa electrónica, a programación ou o deseño 3D desde a metodoloxía maker“.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?