Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha o Rexistro Sonoro de ARDE, unha iniciativa da Asociación Galega de Deseño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha o Rexistro Sonoro de ARDE, unha iniciativa da Asociación Galega de Deseño

S. P.
Publicado: 03/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

arde-cap_01-horizontal_1_.jpgA plataforma ARDE, o Arquivo do Deseño Galego, presenta unha nova iniciativa: o seu Rexistro Sonoro en formato podcast “para dar voz e conservar as reflexións de profesionais do deseño galego”.
Trala boa acollida que tivo o lanzamento de ARDE, a principios de 2023, o equipo do Arquivo abriu unha nova etapa no proxecto, pensando en ampliar e diversificar os contidos publicados na web arde.gal. A iniciativa do Rexistro Sonoro xorde dunha proposta dos socios da DAG, Adrián Parcero e Dani Bembibre, e conta co apoio e financiamento da Asociación Galega de Deseño no seu lanzamento.
O Rexistro Sonoro de ARDE publicará un capítulo mensual, no que poderemos escoitar as voces de deseñadoras e deseñadores para coñecer as súas reflexións sobre a profesión. “A historia do deseño galego preséntase así en primeira persoa, deixando constancia da realidade do deseño hoxe e legando coñecementos e experiencias para o futuro”, explican dende a asociación, engadindo que “no primeiro capítulo o deseñador gráfico coruñés Álvaro Valiño ofrece a súa visión do deseño e fala do seu eido de especialización, a infografía”.
O grupo de traballo de ARDE, integrado actualmente polas socias María Agra, Raquel Boo, Ana Besada, Samuel, Baltar, Óscar Otero e María Ramos, conta para esta nova sección co equipo de produción do podcast. Pablo Silva é o responsable da dirección e guión do Rexistro Sonoro, e David Santos o encargado de montaxe e edición, contando ademais coa colaboración especial de Lucía Aldao á voz.
A páxina web de ARDE conta cunha nova sección na que poder escoitar todos os capítulos do Rexistro Sonoro, que tamén estarán dispoñibles na plataforma Spotify. A nova gráfica e desenvolvemento da web é obra do estudio vigués Desoños.
O Arquivo do Deseño Galego ARDE é unha iniciativa da DAG Asociación Galega de Deseño, que busca funcionar como plataforma dixital para a documentación da historia do deseño galego, facilitando a investigación, a preservación e o estudo do noso patrimonio histórico.
Segundo explican dende a asociación, o sitio web tivo máis de 30.000 visitas dende o seu lanzamento en febreiro de 2023. Ademais, engaden, a base de datos de recursos conta hoxe con preto de 150 referencias bibliográficas e máis de 200 entradas con fontes de documentación sobre a historia do deseño galego. Inclúense máis de 180 autorías diferentes e unhas 90 editoras. Atopamos ao redor de 150 nomes de deseñadoras e deseñadores en disciplinas como o deseño gráfico, o deseño industrial e de produto, o deseño dixital, o deseño de espazos e o deseño de moda.
“ARDE nace coa vontade de converterse, no futuro, nun Arquivo do Deseño Galego que documente e catalogue pezas relevantes da nosa historia”, explican dende a asociación, engadindo que “o equipo de ARDE ​anima a colaborar co Arquivo, enviando recursos e referencias que aínda non estean incluídos na base de datos a través da web”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?