Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Tomiño achega á rapazada cursos estivais de tecnoloxías disruptivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Tomiño achega á rapazada cursos estivais de tecnoloxías disruptivas

S. P.
Publicado: 04/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

curso-tecnoloxias-disruptivas-aula-cemit-2024-1024x1024_tomino.jpgEste verán regresan á Aula CeMIT de Tomiño os cursos sobre tecnoloxías disruptivas, ou sexa, os cursos sobre aquelas ferramentas, aplicacións, sistemas e trebellos que marcan un antes e un despois no devir da tecnoloxía (por exemplo Realidade Virtual, Intelixencia Artificial, drons, impresoras 3D, etc). As accións formativas programadas diríxense a permitir que a rapazada explore e aprenda sobre as últimas innovacións tecnolóxicas dun xeito divertido e creativo.
Durante os meses de xullo e agosto, a aula impartirá varios cursos para nenos e nenas de 8 a 11 anos e mozos e mozas de 12 a 16 anos.
Serán actividades de balde cunha duración de 10 horas e con diferentes datas e quendas de participación para que as persoas interesadas poidan escoller a que mellor se adapte á súa axenda. Así haberá clases as persoas interesadas en participar poderán elixir entre sete quendas diferentes dependendo das idades.
A rapazada de 8 a 11 anos poderá escoller entre as semanas:
– Do 1 ao 5 de xullo.
– Do 29 de xullo ao 2 de agosto.
– Do 19 ao 23 de agosto.
Pola súa banda, o grupo de 12 a 16 anos poderá escoller entre as semanas:
– Do 15 ao 19 de xullo.
– Do 5 ao 9 de agosto.
– Do 26 ao 30 de agosto.
As clases impartiranse de luns a venres de 10.00 a 12.00 horas, nas que a rapazada gozará das novas tecnoloxías deseñando obxectos para logo imprimilos nunha impresora 3D, coñecendo o funcionamento das gafas de Realidade Virtual, programando un dron que faga voos de maneira automática, aprendendo programación e robótica coa placa Micro:Bit e falando dos fundamentos da electrónica coas placas Arduino.
Para obter máis información ou inscribirse as persoas interesadas poden chamar ao 640 95 67 14, mandar un correo a cemit.tomino@xunta.gal ou pasar pola Aula CeMIT, situada no parque do Campo da Feira de Tomiño, de luns a venres de 9.15 a 13.45 horas, ademais dos martes de 16.30 a 20.30 h.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?