Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña impulsa obradoiros de capacitación dixital para a detección de violencias sexuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña impulsa obradoiros de capacitación dixital para a detección de violencias sexuais

S. P.
Publicado: 05/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

obradoiros_deputacion_igualdade_capacitacion_dixital.jpgEste venres 5 de xullo arrinca no concello de Val do Dubra, na Asociación AVANTE, o primeiro dos obradoiros para a detección de violencias sexuais, impulsados pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña que dirixe Soledad Agra. As actividades desenvolveranse en 10 centros de atención a persoas con discapacidade da provincia da Coruña. Tras o deste venres, espallaranse polos concellos de Noia, Cee, Narón, Ortigueira, Oleiros, Ames, Boiro, Betanzos e Boimorto.
Cada obradoiro terá unha duración mínima de 2 horas e os contidos e metodoloxía estarán adaptados ás necesidades específicas de cada grupo, propiciando a participación activa das persoas usuarias.
Durante as sesións abordaranse contidos para a identificación e prevención das violencias dixitais, poñendo o foco en conceptos como a vixilancia, o control, o ciberacoso ou a sextorsión. De xeito transversal tamén se aproximarán á importancia da seguridade e do bo uso da tecnoloxía para cuestións básicas da vida cotiá.
Os talleres están enfocados “dende a perspectiva da redución de danos e diminución de riscos”, explicaron fontes da Área de Igualdade, engadindo que entre os obxectivos concretos figuran achegar información sobre posibles ameazas do mundo virtual (como pode ser a perda de control da propia imaxe) pero tamén abordarán cuestións en positivo sobre como facer un bo uso das novas tecnoloxías para o auto coidado. Farase fincapé na importancia de pedir axuda cando sexa necesario e de ter coñecementos sobre que tipo de actos son delitivos para saber identificalos.
Os obradoiros están impartidos por Verónica Ramilo Graña, traballadora social, sexóloga e fotógrafa que colabora en proxectos especializados en sexualidade e diversidade intelectual.
Próximos obradoiros
Os obradoiros celebraranse nas seguintes datas:
• 5 de xullo: AVANTE (Val do Dubra)
• 8 de xullo: Asociación Misela (Noia)
• 9 de xullo: AMARAI (Boimorto)
• 11 de xullo: ASPADEX (Cee)
• 16 de xullo: Asociación Nuestra Señora de Chamorro (Narón)
• 18 de xullo: ASPROMOR (Ortigueira)
• 19 de xullo: ASPADISOL (Oleiros)
Datas por confirmar: entidades de Ames, Boiro e Betanzos

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?