Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco facilita a actividade dos Recursos Humanos con cinco claves tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco facilita a actividade dos Recursos Humanos con cinco claves tecnolóxicas

S. P.
Publicado: 08/07/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

seresco-3.jpgA empresa tecnolóxica Seresco presentou este mes de xullo unha serie de recomendacións para facilitar a actividade profesional das persoas e os equipos responsables dos departamentos de Recursos Humanos nas empresas. A escolma pon o foco nas circunstancias específicas desta tempada estival, destacando entre todas elas unha circunstancia: as pagas extra de verán. Segundo resume a empresa asturiana, “contar con plataformas tecnolóxicas de vangarda, analizar e interpretar os datos dos empregados ou dispoñer dun software de xestión de nómina flexible son as principais claves a ter en conta”.
Seresco explica que “para os traballadores a paga extra sempre é motivo de alegría porque as vacacións e o bo tempo adoitan implicar gastos extras; con todo, para o equipo de Recursos Humanos de moitas organizacións pode supoñer un auténtico reto se non xestionaron as nóminas con precisión durante todo o ano para chegar a xuño cos deberes feitos; ademais, as compañías sofren unha caída na facturación durante os meses de verán, o que pode complicar máis aínda a situación”.
Seresco, firma experta en transformación dixital e outsourcing de nóminas, puxo de relevo cinco claves que todo director de Recursos Humanos (DHR) debe considerar para ter a tranquilidade de que a paga extras chegue en tempo e forma aos traballadores sen ningunha incidencia:
1.- Se se conta cun provedor para a externacionalización das nóminas, tanto o departamento de RRHH como o de Contabilidade dispoñerán de máis tempo e recursos para enfocarse en tarefas estratéxicas como a xestión do talento. Neste sentido, o estudo Talent Trends 2024 de Michael Page recolle que un 53% dos traballadores considera o salario como o factor máis determinante ao avaliar novas oportunidades laborais ou permanecer na súa empresa. Así mesmo, o 62% considera crucial manter un soldo competitivo para fidelizar o talento. “Por este motivo, é fundamental enfocarse nestas tarefas de retención, non só para mellorar a eficiencia da organización, senón tamén para aumentar os seus beneficios”, explica a empresa tecnolóxica.
2.- Contar con plataformas tecnolóxicas de vangarda é clave para a área de Recursos Humanos. “Estas ferramentas non só garanten o cumprimento de todas as normativas, senón que tamén manteñen altos niveis de seguridade na xestión de datos”, engade Seresco.
3.- Interpretar e analizar os datos dos empregados de maneira eficiente é crucial para o equipo de RRHH e tamén para os propios empregados. Segundo o último informe de Gallup State of the Global Workplace 2024. The voice of the world’s employees, unha cuarta parte dos traballadores españois experimenta tristeza a diario e o noso país é o terceiro de Europa con menos compromiso laboral. “Un cadro de mando que facilite o tratamento axeitado dos datos será esencial para tomar decisións informadas que fomenten o compromiso e a produtividade, así como a consecución de obxectivos corporativos”, apunta Seresco.
4.- O feito de que os traballadores poidan autoxestionar trámites como cambios en datos bancarios, solicitudes de vacacións ou xestión de pagas extras, aforra tempo ao departamento de RRHH en tarefas administrativas arduas e de escaso valor.
5.- Contar cun software de xestión de nómina flexible e capaz de adaptarse á evolución e crecemento da organización é “a vía máis directa para minimizar erros, facilitar a automatización de procesos e o cumprimento da lexislación laboral, entre outras vantaxes”, sinala a empresa TIC.
Sandra Botas, directora do departamento de Xestión de Persoas de Seresco engade o seguinte: “Externalizar a nómina optimiza a operativa diaria de calquera organización e achega un importante valor engadido ao asegurar a conformidade legal e a seguridade dos datos. Ademais, facilita a autoxestión dos empregados e proporciona ferramentas avanzadas para a toma de decisións informadas. Esta estratexia pode marcar unha gran diferenza na eficiencia e o éxito da xestión de Recursos Humanos en calquera organización”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?