Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG amosa nun informe a desigual penetración do coñecemento da IA na cultura galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG amosa nun informe a desigual penetración do coñecemento da IA na cultura galega

S. P.
Publicado: 09/07/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ccg_2024_a-intelixencia-artificial-na-cultura-galega-conecemento-usos-e-opinions.jpgO coñecemento e uso das tecnoloxías de Intelixencia Artificial (IA) na cultura galega son moi desiguais segundo os ámbitos temáticos profesionais. Así o pon de manifesto o documento de traballo A Intelixencia Artificial na cultura galega: coñecemento, usos e opinións, producido polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.
No informe faise saber que “mentres os sectores do audiovisual e das artes visuais (fotografía, deseño, arquitectura e publicidade) coñecen e empregan a IA de xeito moi estendido (63,9% e 61,8% respectivamente), noutros ámbitos é algo inferior, como a edición de libros (47,5%) ou teatro e danza (40,5%)”.
En concreto, engádese, “son a música, o comercio de libros, os departamentos de cultura das administracións públicas ou os arquivos e bibliotecas os que menos coñecen e empregan estas ferramentas, con menos dun 25% dos profesionais enquisados que manifesten un coñecemento da IA”.
Os datos foron presentados pola presidenta do CCG, Rosario Álvarez, durante a inauguración da xornada, que se celebra na tarde deste 9 de xullo na sede da institución en Raxoi (Santiago). A información achegada ten a súa orixe nunha explotación do Barómetro da cultura galega de 2024, instrumento para a análise e o seguimento do sector cultural en Galicia no que o CCG entrevista a profesionais de máis de mil entidades vinculadas á cultura galega nas que se inclúen empresas, profesionais autónomos, administracións públicas e tecido asociativo.
No estudo reflíctese que unicamente un 28,6% das persoas enquisadas afirmaron ter empregado a tecnoloxía da IA no seu traballo, e dentro desta porcentaxe, só un 10% afirma facelo de xeito frecuente.
Nos sectores do audiovisual e das artes visuais é onde máis profesionais empregan estas tecnoloxías, con porcentaxes do 44,3% e do 43,1% respectivamente, mentres que na administración o seu uso é moi reducido (7,8%) así como nos arquivos e bibliotecas (8,8%). Son os profesionais autónomos e as empresas os que máis a empregan (41,2% e 31,5%). As empresas con maiores ingresos as principais usuarias da IA (27,8%). Ao tempo, un 44,2% das persoas enquisadas afirmou non tela usado nunca. Porén, o coñecemento das iniciativas lexislativas da Unión Europea para a regulación do sector e a protección dos consumidores en relación á intelixencia artificial é moi elevado (un 73,3% das persoas enquisadas).
O informe reflicte que “unha significativa porcentaxe dos enquisados teñen altas expectativas sobre o uso futuro da IA”. Así, sinálase, un 42,9% das entidades agardan incorporar a tecnoloxía a algúns dos seus procesos e un 20,6% anticipa un futuro cun uso moi estendido. Como dato singular, a investigación fai saber que a visión sobre o emprego futuro da IA é máis optimista nas administracións públicas e nos profesionais autónomos.
Porén, a previsión da implantación de proxectos con IA na actualidade ou a curto prazo é moi baixa. Só un 14,9% das entidades están desenvolvendo proxectos con IA ou están xa preparándoos para a súa implementación. En xeral, os responsables das entidades pensan que vai haber máis emprego do IA no ámbito da actividade que na propia entidade.
Respecto á opinión sobre os beneficios ou as problemáticas da IA no sector cultural “está moi dividida”, segundo explicou o CCG, que percibiu unha “lixeira visión positiva” con respecto a que a IA será unha ferramenta “útil para o labor creativo e que o sector poderá tirar proveito da súa incorporación” (48,9%), pero unha parte importante dos responsables de entidades pensan o contrario (44,9%).
A opinión máis optimista dáse nos ámbitos do audiovisual, museos e artes visuais, onde a IA está a ser máis usada, mentres que se perciben máis reticencias nos ámbitos nos que se usa menos, como a educación cultural, a edición, a música ou o teatro.
Entre os elementos positivos, un 43,2% dos profesionais pensan que a IA pode axudar a configurar ofertas culturais personalizadas para os usuarios.
No estudo faise saber que o 47,5% dos xestores consideran que a IA pode dar lugar a “unha produción cultural que reproduza nesgos e prexuízos, como a discriminación por xénero ou racial” e un 56,2% pensan que unha maior introdución da IA vai supoñer a perda de postos de traballo. Ademais, un 58,2% afirman que estas ferramentas non facilitarán un “acceso máis inclusivo e democrático aos contidos culturais” e un 55,2% pensan que non van axudar a xerar contidos culturais orixinais. Os profesionais son tamén pesimistas ao redor da vantaxe que a IA pode ter para a difusión e acceso a contidos en lingua galega (un 55,1%), mais cunha porcentaxe importante que pensa o contrario (36%). Porén, un 62% considera que estas tecnoloxías axudarán a preservar, analizar e poñer en valor obras de arte.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?