Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UIE e a RAGC crean uns premios para recoñecer a mocidade investigadora en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UIE e a RAGC crean uns premios para recoñecer a mocidade investigadora en Galicia

S. P.
Publicado: 10/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sinatura_uie_ragc_1.jpgA Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) e a Real Academia Galega de Ciencias asinaron este 10 de xullo, na sede institucional da UIE en Santiago de Compostela (rúa Nova, 33), o convenio para a creación do vindeiro certame de promoción do talento investigador en Galicia.
Estes novos galardóns, os Premios de Investigación UIE-RAGC para Xoves Investigadoras e Investigadores, será de periodicidade bienal e recoñecerá o esforzo que nos eidos das ciencias técnicas, básicas e sociais desenvolve a mocidade investigadora nos centros galegos e que contribúe co seu esforzo ao avance do coñecemento científico. Ao acto de rúbrica asistiron o reitor da UIE, Miguel Ángel Escotet, e o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Manuel Lema Rodicio.
En palabras do reitor “é moi importante sinalar o compromiso da UIE coa investigación básica e aplicada, e, especialmente, coa mocidade investigadora. Formación, investigación e servizo social e cultural á comunidade son obxectivos que están inseridos no noso ADN”. Neste sentido, recalcaba o reitor o compromiso da UIE coa dinamización do saber que se ve materializado ao ser este un certame “enfocado a dar recoñecemento público e potenciar as traxectorias de investigadoras e investigadoras mozas que desenvolven a súa carreira en centros de investigación en Galicia, e que contribúen co seu labor ao impulso do coñecemento científico como motor indispensable de progreso social. Ademais, o seguinte ano académico iniciaremos, na UIE, paso a paso, con prudencia, os nosos programas de doutoramento vinculados intimamente coa investigación”.
Juan Manuel Lema Rodicio salientou que “con estes premios pretendemos poñer en valor e dar ánimos a todas aquelas investigadoras e investigadores que se atopan nos comezos da súa carreira, aínda que xa desenvolvida, pero na primeira etapa, e para que poidan centrarse en abordar un proxecto ambicioso, mentres contan co recoñecemento que todo galardón implica. E, para iso, a colaboración da UIE é fundamental, porque se trata dunha universidade que aposta pola calidade e a xente nova, e isto é o que necesitamos impulsar”.
Os premios terán unha dotación de 5000 euros por cada rama de coñecemento de ciencias sociais, básicas e técnicas. Dentro do eido das ciencias básicas, concederase pola contribución da investigación ao desenvolvemento da ciencia básica en Galicia en calquera dos campos da física, a química, as matemáticas e a bioloxía. Concederase pola contribución da investigación ao desenvolvemento das ciencias sociais en Galicia en calquera dos ámbitos da economía, a socioloxía, a antropoloxía social e a psicoloxía social). Por último, na rama das ciencias técnicas, concederase pola contribución da investigación ao desenvolvemento tecnolóxico en calquera das súas áreas, valorando o grao de innovación e a súa aplicabilidade.
As persoas que poden concorrer aos Premios de Investigación UIE-RAGC para Xoves Investigadoras e Investigadores deben ser menores de 40 anos (ampliados aos 42 en casos debidamente acreditados e recollidos e detallados nas bases) e precisarán contar cunha destacada contribución á creación do coñecemento, na que se valorará especialmente a calidade, a orixinalidade e o impacto resultante. Así mesmo, serán criterios puntuables a internacionalización, a capacidade de liderado, a capacidade formativa avaliada e a habilidade para a divulgación para o conxunto da sociedade do coñecemento científico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?