Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Encontro da Toxa pon o foco nas oportunidades da IA para un mercado laboral inclusivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Encontro da Toxa pon o foco nas oportunidades da IA para un mercado laboral inclusivo

S. P.
Publicado: 11/07/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20240711_conselleiro_encontro_a_toxa.jpgEste xoves 11 de xullo inaugurouse a cuarta edición do evento O Encontro da Toxa 2024. No ato de aapertura interviron o conselleiro de Emprego, José González, o presidente do consello rector de CESUGA, Venancio Salcines, e a responsable do servizo de estudos, políticas públicas e relacións institucionais do Banco Santander, Bárbara Navarro. Na apertura de actividades González avogou por un mercado laboral inclusivo, dinámico e aberto grazas á contribución da Intelixencia Artificial.
O Encontro da Toxa é un foro económico de referencia en Galicia que organiza CESUGA coa colaboración da Xunta de Galicia. Con máis de 70 relatores e 400 asistentes, a illa da Toxa convértese ata mañá nun espazo de valor compartido, de cooperación e sinerxías entre o tecido empresarial, o mundo universitario e o sector público, co foco posto este ano nas oportunidades que ofrece a transformación dixital e a Intelixencia Artificial.
Nesta liña, o titular de Emprego, que tamén participou nunha das mesas redondas, puxo en valor a importancia desta cita clave para as persoas emprendedoras, “para que saiban como aplicar a dixitalización e como está cambiando a forma de crear novos negocios”, lembrando “a aposta firme do Goberno galego polo emprendemento e destacando que Galicia vén de recibir o premio Rexión Emprendedora Europea 2025, importante aval da estratexia da Xunta para crear actividade empresarial que xera riqueza, emprego e fixa poboación”.
No contexto da temática do foro González puxo en valor a aposta da Xunta por modernizar o Servizo Público de Emprego co apoio da Intelixencia Artificial a través da ferramenta EMi, dispoñible xa nas 54 oficinas de emprego de Galicia, co fin de cubrir as vacantes laborais e que “permitirá realizar nun ano o perfilado competencial de 70.000 persoas que estean buscando activamente traballo para mellorar a súa empregabilidade”, dixo.
Tamén no eido do emprego destacou a oportunidade que ofrecen as microformacións para a actualización de capacidades e lembrou que esta semana vén de publicarse unha nova orde de axudas a entidades de formación para impartir cursos dirixidos a desempregados na convocatoria 2024-2025, cun orzamento de 76 millóns de euros, o máis alto dos últimos 15 anos, co que se aspira a cualificar unhas 18.000 persoas.
No ámbito do emprendemento, destacou así mesmo o papel da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego impulsada pola Xunta, cun total de 14 centros activos na actualidade e máis de 2.100 proxectos atendidos desde a súa posta en marcha.
Amais, mencionou outras ferramentas como o Mapa de emprendemento virtual, onde se integran os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia; iniciativas como os proxectos de coworking e coliving para fixar poboación rural, atraendo traballadores de alta cualificación que sexan nómades dixitais; ou o programa Xerme Ecommerce, unha nova aceleradora de proxectos de comercio electrónico presentada onte coa colaboración do Clúster do Ecommerce galego.
Julián Cerviño falou da Lei para o Impulso da IA de Galicia
A Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial de Galicia, que se atopa en fase de consulta previa ao trámite parlamentario e que avanzará na dotación de seguridade xurídica para favorecer a implantación de sistemas intelixentes que melloren a eficacia dos servizos da Administración, foi o tema que destcou no Encontro da Toxa o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño.
Cerviño participou nunha mesa redonda sobre IA xenerativa: primeiras leccións aprendidas e expectativas, agora que?, onde anunciou a posta en marcha de proxectos piloto de IA xenerativa en ámbitos como a Asesoría Xurídica, Intervención ou Facenda pública. Estes casos de uso van dende sistemas de busca e clasificación de documentos ata asistentes de conversación.
Para o director da Axencia autonómica, ademais da seguridade xurídica, o principal reto é “gañar en eficacia e eficiencia, ademais de proporcionar unha atención personalizada, regular a planificación e gobernanza da IA a través da lei, e avanzar cara á soberanía tecnolóxica”. Destacou a importancia da sustentabilidade financeira dos sistemas que se poñan en marcha, así como a súa adaptación ás necesidades específicas da Administración galega.
Na súa intervención, Julián Cerviño tamén destacou a importancia das medidas de impulso no uso da IA recollidas na lei que se está a tramitar, como os incentivos económicos ou fiscais para empresas e profesionais. O obxectivo é atraer investimentos e promover a creación e retención de talento a través da FP e da Universidade. Por último, referiuse tamén á importancia de manter os esforzos para a capacitación actualizada da cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?