Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O equipo UVigo Aerotech compite en Alemaña co seu dron MIR-10
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O equipo UVigo Aerotech compite en Alemaña co seu dron MIR-10

S. P.
Publicado: 11/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dron2_uvigo_aerotech_cargo.jpgO equipo UVigo Aerotech, formado por alumnado do Campus de Ourense, principalmente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, está estes días en Alemaña para competir na Air Cargo Challenge 2024, un dos certames máis importantes de aeronaves de competición. Farao co seu novo dron, MIR-10, froito de todo un curso de traballo colectivo no seu deseño, fabricación e ensamblaxe.
O certame celébrase esta semana ata o venres 12 de xullo en Aachen e é a segunda vez que o equipo do Campus de Ourense participa nel. MIR-10, explican os seus responsables, “representa un significativo avance respecto ao seu predecesor, o CORV-0, presentado no mesmo evento no ano 2022”. O novo dron destaca por ser a segunda aeronave de UVigo Aerotech fabricada en fibra de carbono. “Unha das principais innovacións deste modelo é a substitución da estrutura interna de aluminio por madeira cortada por láser, o que permitiu unha gran redución de peso tras unha extensa análise”, indican. Ademais apuntan que “mellorouse a aerodinámica e incorporáronse avances na electrónica, que optimizan o rendemento xeral da aeronave en comparación cos seus predecesores”.
Competir en Alemaña cun dron propio foi realidade grazas ao esforzo e dedicación dun equipo multidisciplinario, sinalan, que logrou desenvolver o MIR-10 na metade de tempo comparado coa anterior edición. Este curso académico, o equipo experimentou “un significativo crecemento”, chegando a estar formado por 43 persoas e establecendo un novo departamento de investigación e desenvolvemento no que sobresae a participación de alumnado procedente da Escola Superior de Enxeñaría Informática. “Este departamento céntrase na aplicación de xemelgos dixitais no desenvolvemento de aeronaves e o deseño de ás volantes con tecnoloxía morphing wing, o que promete futuras innovacións e melloras nos seus proxectos”, explican.
Igualmente, desde UVigo Aerotech subliñan “a gran calidade dos materiais proporcionados polos patrocinadores, así como o proceso de fabricación seguido colaborando con diferentes empresas”. Neste senso agradecen o apoio dos seu patrocinadores, entre os que destacan Coasa, Utingal, Gurit, Europrecis, Mecadis, Marine Instruments, Symula, a Axencia Galega de Innovación e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?