Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 80% dos concellos de Lugo está conectado á fibra óptica de Adamo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 80% dos concellos de Lugo está conectado á fibra óptica de Adamo

S. P.
Publicado: 17/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adamo_lugo.jpgA operadora Adamo fixo un novo balance, un balance de verán, da presenza da súa fibra óptica na provincia de Lugo, onde leva anos traballando arreo para dotar de Internet de banda larga os concellos do rural. Segundo fixo saber a compañía, o 80% dos concellos da provincia está conectado á súa fibra óptica. Adamo tamén destaca que moitos destes municipios sitúanse en zonas rurais e mal comunicadas, atópanse afectados polo temido fenómeno do despoboamento e, por tanto, teñen maiores necesidades de conectividade.
A operadora fai saber que “máis aló desa porcentaxe, desde un punto de vista social, ese desenvolvemento das infraestruturas supón que 108.000 familias de 53 dos 67 concellos que conforman a provincia dispoñen da internet ultrarrápido de ata 1.000 Mbps”. Trátase de municipios que, ou ben estrearon Internet ultrarrápida da man da empresa, ou ben viron como Adamo ampliaba unha rede preexistente.
O último paso (que non o derradeiro) neste importante proceso de despregadura de fibra óptica (o número 53 da lista de concellos) deuno a operadora no Páramo, ao estender a conexión a distintos lugares do termo territorial. Por certo que a seguinte parada neste percorrido de extensión de fibra é Becerreá, onde Adamo expandirase ao longo do verán.
despregadura_adamo_galicia_lugo.jpgAdamo tamén fai saber que a conexión que proporciona a compañía (de ata 1.000 Mb) permite realizar con garantías actividades que hoxe resultan habituais: teletraballo, educación online, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras. “Os 1.000 Mbps”, engaden, “sitúanse como a fibra óptica máxima habitual que pode atoparse en calquera gran cidade; de feito hoxe é posible conectarse a Internet á mesma velocidade en Barcelona, en Madrid… e en ducias de pobos lucenses”.
Por outra banda, co obxectivo de dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo dispón do servizo Ola, veciño! Trátase dun formulario que se pode encher na web da empresa e que nos envía un aviso cando a fibra chega ao noso fogar. Amais, en adamo.es podemos picar en Chamámoste para que un teleoperador da compañía estableza contacto con nós (e tamén podemos marcar o número de teléfono 1600 para recibir información e/ou contratar produtos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?