Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Vilagarcía renova os sistemas do seu Centro de Procesamento de Datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Vilagarcía renova os sistemas do seu Centro de Procesamento de Datos

S. P.
Publicado: 17/07/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_vilagarcia-3.jpgO Concello de Vilagarcía vén de executar un importante proxecto de actualización das súas infraestruturas dixitais: a renovación do Centro de Proceso de Datos municipal, proceso que permitiu modernizar e mellorar o funcionamento de todos os sistemas informáticos que o integran e, con isto, optimizar o funcionamento, as xestións e o traballo da administración local.
Promovido dende o servizo municipal de Informática, o proxecto de Renovación do CPD do Concello de Vilagarcía de Arousa executouse no marco da liña de Transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais, e requiriu un investimento de 241.982,93 euros (impostos incluídos).
O contrato, que incluía o subministro e a instalación dos equipamentos informáticos, adxudicouse á firma Ozona Tecnologías de la Información S.L. por importe de 226.276,00 euros.
A actuación consistiu na substitución dos cinco sistemas principais que compoñen o CPD do Concello co obxectivo de combater a obsolescencia tecnolóxica actuando tanto a nivel físico (hardware) como lóxico (software). Conforme a isto, procedeuse á renovación dos sistemas de seguridade perimetral e de almacenamento. Tamén se actualizaron e melloraron os sistemas de procesamento e de copias de seguridade. E, por último, renováronse as licencias de software.
Fontes do Concello engadiron que “con todas estas medidas conseguiuse, entre outras melloras, fortalecer a seguridade dixital, aumentar a capacidade de almacenamento e a velocidade de procesamento da información que manexa o Concello; estes aspectos optimizan o funcionamento dos servizos que presta a administración, polo que, ademais de facilitar e axilizar o traballo a nivel interno, tamén inciden no servizo que se presta á cidadanía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?