Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña organiza o 24 de xullo o evento online Maratón de Galeguidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña organiza o 24 de xullo o evento online Maratón de Galeguidades

S. P.
Publicado: 19/07/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

maraton_de_galeguidades.jpgA Deputación da Coruña, coa colaboración do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organiza o vindeiro mércores, 24 de xullo, o 1º Maratón de Galeguidades, un evento online para pór en valor as múltiples identificacións con Galicia que existen arredor do mundo. Así, a través dunha retransmisión en vivo a través da web galeguidades.hub.gal e da canle de YouTube habilitada ao efecto, poderá seguirse durante 12 horas (desde as 8:30 ata as 20:30 horas no horario peninsular) un Maratón en directo no que se dará voz a persoas, entidades e proxectos vinculados con Galicia ao longo de 25 países dos cinco continentes.
Nestas conversas participarán preto de 100 persoas, entre entrevistadoras e entrevistadas, co obxectivo de subliñar e dotar de contidos a conexión entre a Galicia continental e a Galicia exterior.
O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou que con esta iniciativa, que se celebra a véspera do Día de Galicia, a Deputación da Coruña pretende “dar voz e render a nosa homenaxe a todas as persoas e entidades que, con orgullo, manteñen viva a chama da galeguidade arredor do mundo”.
Formoso destacou a “contribución decisiva da emigración galega ao desenvolvemento e a construción da Galicia actual” e puxo de manifesto que o maratón dará voz a algunhas das principais entidades sociais e culturais galegas en América, Europa, Asia ou África, máis tamén a persoas que destacan polo seu compromiso con Galicia desde o exterior, ao talento que Galicia exporta ao mundo e a entidades galegas que desenvolven proxectos de cooperación exterior e que axudan a mellorar as condicións de vida de miles de persoas en países en vías de desenvolvemento.
Segundo apuntou Daniel González Palau, director do IGADI, trátase “dun maratón a través de Internet para conectar coa diáspora, tanto coa máis tradicional (Suiza, Alemaña, Francia, México, Arxentina, Uruguai…) como coa nova, moito máis líquida. A idea é comprobar que se sabe de Galicia nos seus países, como se organiza a comunidade galega ou de que xeito poden os galegos na diáspora proxectarse na sociedade internacional”.
Así, entre as persoas entrevistadas atópanse representantes de Centros Galegos e asociacións de empresarios, organizacións de galegas da nova diáspora, traballadoras galegas en sedes diplomáticas, investigadoras e investigadores da Asociación Internacional de Estudos Galegos, emprendedores ou profesionais variados na medicina, o xornalismo, a publicidade ou a Universidade.
Mentres, algunhas das entrevistadoras serán xornalistas como Fernanda Tabarés e Santiago Garrido (La Voz de Galicia), Monste Montaos (CRTVG) ou Marta Otero (La Opinión), pero tamén creadores de contido en galego para Internet, como o tuiteiro estadounidense Andy Chichester, a youtubeira Prado Rúa, ou Borja González (creador da comunidade de Internet en galego máis grande en redes sociais, Orgullo Galego).
Igualmente, haberá espazo para novos medios da Rede nacidos na diáspora, como a revista cultural O Ferrado, ou o poadcast Fóra de Mapa. Tamén dinamizarán as conversas, artistas como Sabela Ramil, escritoras como Llerena Perozo ou Zinthia Álvarez, profesores universitarios como Luzía Oca, Diego Sande ou Christoph Schreinmoser, e mesmo Ramiro Rodríguez, Cónsul de Uruguai en Galicia e norte de España.
Este evento en streaming non será illado, pois virá acompañado dun informe de conclusión que pretende axudar á Deputación da Coruña a mellorar as políticas de acción exterior coa emigración galega e aproveitar a súa competitividade.
Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística, hai máis de 529.000 galegos e galegas residindo fóra de España. Así as persoas galegas supoñen preto do 20% do total de poboación española no estranxeiro. América, con 410.000 persoas, é o continente con máis presenza galega. Séguelle Europa, cuns 113.000 residentes e a moita distancia xa están Oceanía (máis de 2.000), Asia (case 1.500) e África (algo máis de 1.000).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?