Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC achega a folla de ruta da Cidade das TIC, o futuro polo tecnolóxico de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC achega a folla de ruta da Cidade das TIC, o futuro polo tecnolóxico de Galicia

S. P.
Publicado: 19/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240718-consello-goberno-10_cidade_das_tic_udc.jpgA UDC celebrou onte o seu último Consello de Goberno antes do inicio do próximo curso académico 2024/2025, unha reunión que se celebrou na antiga Fábrica de Armas da Coruña, agora a Cidade das TIC, marco que serviu para detallar a situación actual do proxecto, os pasos dados nos últimos meses e para presentar a folla de ruta marcada para o futuro próximo deste novo complexo que promete ser un referente galego, estatal e europeo en investigación e emprendemento tecnolóxico-dixital.
O reitor da UDC, Ricardo Cao, fixo un balance de todas as actuacións desenvolvidas nestes meses polo novo equipo de Goberno da UDC con respecto á Cidade das TIC, proxecto para o que se ten creado un grupo de traballo no seo do equipo reitoral, encargado desta primeira análise e de dar seguimento a todas as actuacións que se vaian desenvolvendo a futuro.
“Precisabamos”, dixo Cao, “abordar os seguintes pasos con rigor e tendo claridade de todos os detalles deste proxecto ambicioso, complexo e que conta con diferentes actores implicados”.
Segundo sinalou, o diagnóstico realizado guinda unha primeira conclusión, que é “a necesidade de abordar unha actualización do proxecto, dado que o Plan Director inclúe prazos e previsións de ingresos que a inicios de 2024 quedaron desfasados”. Por tal motivo, engadiu, “fíxose necesaria unha revisión que permita adaptar a nova estratexia á realidade con sensatez e dándolle absoluta transparencia, tal e como se fixo esta mañá no Consello de Goberno, ao que se lle irá dando conta de cada un dos pasos esenciais que dea na conformación da Cidade das TIC”.
Tamén fixo saber que foi necesaria “non só unha profunda análise da situación existente de cada un dos proxectos previstos, senón tamén dunha rolda de diálogo coas diferentes administracións implicadas, que ten permitido clarexar moito a foto global da composición da Cidade das TIC”. Grazas a este esforzo, engadiu, “seremos quen de dar pasos máis certeiros, máis coordinados e ordenados, que permitan sentar as bases da expansión da Cidade das TIC e todo o ecosistema que debe xerar ao seu redor”.
O reitor recordou que agora mesmo a Cidade das TIC conta coas seguintes actuacións: o Galaxy Lab, centro de experimentación avanzada de Intelixencia Artificial; o Centro de Servizos Avanzados (CSA), un espazo de traballo e colaboración do sector TIC, en funcionamento e financiado con fondos do IGAPE; o Escenario Virtual impulsado pola Deputación da Coruña, e que ten as obras en marcha; o Centro de Formación Especializada, promovido pola Xunta de Galicia, actualmente en fase de redacción do proxecto; e por último, a creación de varios escenarios físicos, complementarios aos virtuais, promovidos por Pedralonga Estudios, unha agrupación de empresas do sector audiovisual de Galicia, iniciativa cuxa cesión de espazo na Cidade das TIC foi aprobada este 18 de xullo polo Consello de Goberno.
O informe presentado no Consello de Goberno recolle dous puntos esenciais no desenvolvemento das futuras actuacións. Por unha banda, a introdución do que se denomina condicións modais nos acordos de cesión de uso de espazo, figura que vén cubrir un baleiro existente ata agora no que se refire ao retorno que debe ter a UDC nesas cesións, no seu papel de concesionaria dos terreos. Pola outra, o equipo reitoral informou que está a traballar na estrutura de gobernanza da Sociedade Xestora da Cidade das TIC, entendendo que a UDC é a entidade que debe ostentar o liderado do proxecto, no que se refire ao ámbito académico, científico e técnico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?