
A xunta estará integrada por un representantes de cada un dos centros tecnolóxicos que integran esta asociación: AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CETIM, CTAG, EnergyLab, Gradiant e ITG.
O equipo de dirección renovado recalcou a necesidade de abordar unha serie de retos para este novo período, que se prolongará ata 2028. Para os centros tecnolóxicos o desenvolvemento sustentable e o crecemento económico de Galicia depende “en gran medida da competitividade das empresas” e é aí, sinalan, “onde a I+D+i colaborativa da industria cos diferentes axentes do ecosistema xoga un papel relevante” e “onde os centros tecnolóxicos serán un apoio clave para a transferencia do coñecemento”. Ademais puxeron of oco na importancia de “fortalecer as políticas de colaboración Universidades-Centros Tecnolóxicos nos próximos catro anos”. A asociación quere “reforzar o papel na co-creación de liñas estratéxicas de investigación, fundamentais, tanto para facilitar a súa chegada á industria, como para captar coñecemento e xerar emprego de calidade en Galicia”.
Outro dos retos cruciais para que os sete centros tecnolóxicos sigan crecendo é “potenciar as ferramentas de financiamento público-privado estable dos mesmos”. Desta forma incrementarase a transferencia tecnolóxica, cunha maior presenza nacional e internacional de industria nos programas nacionais e europeos de investigación e, por tanto, un maior retorno económico para Galicia.
Jesús Lago, Luís Pérez-Freire e Roberto Alonso, á fronte de ATIGA
Compartir Este Artigo

