Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira Pont-Up contará coa participación de 42 iniciativas de emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira Pont-Up contará coa participación de 42 iniciativas de emprendemento

S. P.
Publicado: 23/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_pont_uf178-9aee2.jpgA organización da feira Pont-Up Store fixo pública este 23 de xullo a selección de iniciativas que van participar na súa undécima edición, que se desenvolverá a fin de semana do venres 20 e sábado 21 de setembro nunha carpa instalada na praza de España de Pontevedra. En total, na cita presentaranse 42 emprendementos innovadores. Como novidade, seis empresas tentarán convencer a potenciais investidores nun novo formato chamado Pont-Up Venture.
Segundo explicaron dende o Campus de Pontevedra (UVigo), promotor do encontro, estes 42 emprendementos destacan de novo a porcentaxe de empresas lideradas por mulleres e a importante presenza de iniciativas baseadas no rural galego. Amais, as candidaturas recibidas nesta edición superaron as expectativas, alcanzando un total de 142 solicitudes de participación e superando nun 12% as recibidas na edición anterior. Entre elas, os empredementos dirixidos por mulleres alcanzaron un 74%. En canto aos ámbitos das propostas, o compromiso ambiental está presente en case todas as iniciativas, e mesmo hai moitas propostas nas que o corazón do negocio susténtase na responsabilidade social e ambiental. Amais detectouse un incremento das candidaturas relacionadas con tendencias, novo estilo de vida, ocio, saúde e benestar e un aumento dos emprendementos de base tecnolóxica derivados da aposta polo novo formato Pont-Up Venture.
pontup-2.jpg As iniciativas seleccionadas pola organización do encontro para participar en Pont-Up Venture son seis. Trátase, tal e como detallan desde a organización, da plataforma Knowmad Tribe, que xestiona experiencias coliving en todo o mundo; o software Cuotalis, creado para simplificar e automatizar o proceso de reclamación de impagos de cotas nas comunidades de propietarios; os sistema Wildfire Sentinel, pioneiro en detectar incendios a través do olor; a foodtech Vanetta Food, que fabrica zorza vegana; a liña de calzado orgánico e reciclado de Beflamboyant, e a firma Sembra Biojoyas, que crea pezas de bixutería orgánica en colaboración con etnias indíxenas do Amazonas.
Este novo formato, indican desde Pont-Up, daralles a oportunidade ás persoas responsables destes emprendementos de presentar as súas ideas de negocio ante un xurado composto por mentores e potenciais investidores mediante unha intervención de tres minutos que estará seguida doutra sesión de tres minutos na que deberán responder a unha rolda de preguntas. Ademais das posibles oportunidades de financiamento que se abren con esta actividade, o emprendemento que finalice a rolda con mellor puntuación do xurado, conseguirá unha consultaría gratuíta de Google “á que é posible que se engadan aínda outras recompensas que a organización tratará de pechar nas vindeiras semanas”, tal e como apuntan desde o evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?