Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R e Innovasur materializarán o Centro de Ciberseguridade do Concello de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R e Innovasur materializarán o Centro de Ciberseguridade do Concello de Ferrol

S. P.
Publicado: 23/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

soc_innovasur_-_geolit.jpgFerrol contará en poucos meses cun Centro de Operacións de Ciberseguridade (SOC) para seguir avanzando na protección das infraestruturas e dos sistemas dixitais e de comunicación cidadá municipais. A posta en marcha e xestión deste novo espazo (que se prevé operativo dende este outono) foi adxudicada á UTE liderada pola operadora galega R xunto ao seu socio tecnolóxico Innovasur e finánciase cos fondos Next Generation da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
O propósito deste proxecto é reforzar globalmente os sistemas de información municipais e os servizos públicos que presta o Concello para protexer as persoas e empresas usuarias ante calquera ameaza dixital, explicaron as empresas, engadindo que para o dito obxectivo “potenciarase a monitoraxe de procesos, co obxecto de detectar canto antes, entre outros, intentos de subtracción de datos, secuestros de dispositivos, suplantación de identidades ou calquera tipo de ataques ás infraestruturas tecnolóxicas municipais do Consistorio ferrolán”.
R e Innovasur engaden que o novo centro terá a capacidade de “blindar todas as comunicacións e relacións telemáticas municipais, sobre todo a través da súa páxina web, a sede electrónica e as aplicacións móbiles, para reducir o risco de que se materialicen incidentes cibernéticos que lle afecten a seguridade do Concello”.
O director executivo de Innovasur, Juan José Prieto, sinalou que “un dos puntos clave do SOC deseñado para o Concello de Ferrol é o de garantir unha monitoraxe continuada durante as 24 horas do día os sete días da semana, de xeito que non importa o momento no que se produza calquera intento de ataque ou fenda de seguridade xa que haberá sempre un equipo de profesionais facendo seguimento e preparado para facerlle fronte e salvagardar a integridade da infraestrutura”.
Pola súa banda, Alfredo Ramos, director de R, manifestou a súa satisfacción porque o Concello de Ferrol confíe na UTE do operador galego e Innovasur para pór en marcha e desenvolver o novo Centro de Operacións de Ciberseguridade da cidade, e destacou que “este traballo reverterá en beneficios para a seguridade de persoas e empresas da contorna ferrolá que xestionan acotío dixitalmente comunicacións e trámites administrativos co Concello de Ferrol, cada vez máis á vangarda das cidades galegas en materia de ciberseguridade e resiliencia dixital”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?