
Segundo recordou, estas novas firmas apoiadas polo dito programa son Alice Biometrics, que ofrece unha solución de verificación de identidade remota baseada en Intelixencia Artificial, e Sense Aeronautics, que comercializa unha tecnoloxía propia de análise de vídeo que permite operacións con drons máis eficientes e seguras.
Asemade, lembrou que Gradiant recibiu apoio para catro proxectos a través de Ignicia, que ten apoiado desde 2016 32 proxectos, a chegada ao mercado de 13 deles (10 spin-offs creadas e tres acordos coa industria), a creación de máis de 120 empregos e a captación de máis de 20M€ en investimentos e financiamento público-privado.
O conselleiro, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, subliñou a relevancia do centro Gradiant en ámbitos como a ciberseguridade ou as comunicacións avanzadas (5G-6G) e o seu potencial nas areas de tecnoloxías cuánticas e fotónicas. Recordaron que no ámbito da ciberseguridade, Gradiant participou en dúas unidades mixtas de investigación coas empresas Telefónica e GIC-TEL., esta última aínda en activo. Por outro lado, no terreo da cuántica, o titular de Ciencia salientou a súa especialización en hardware cuántico e a súa participación na Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, impulsada pola Xunta de Galicia.
Por último, rememorou o rol do centro tecnolóxico no impulso á competitividade industrial, a través da colaboración en proxectos como Facendo Plus, liderado por Stellantis, e apoiado pola Xunta de Galicia, con financiamento europeo, a través do programa Fábrica Intelixente e Sustentable.
Román Rodríguez visita Gradiant e enxalza o seu impacto económico e social
Compartir Este Artigo

