Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC proxecta a instalación dunha incubadora de alta tecnoloxía na Cidade das TIC: SinerxIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC proxecta a instalación dunha incubadora de alta tecnoloxía na Cidade das TIC: SinerxIA

S. P.
Publicado: 24/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240703_centro_de_servizos_avanzados.jpgNo marco do plan de actuación da Universidade da Coruña na Cidade das TIC (complexo de coñecemento tecnolóxico avanzado emprazado na antiga Fábrica de Armas), a institución proxectou a posta en marcha dunha nova infraestrutura dirixida a potenciar a transferencia de coñecemento no ámbito da IA. Trátase de SinerxIA, unha Incubadora de Alta Tecnoloxía en Intelixencia Artificial que vén de presentarse á segunda convocatoria da Fundación INCYDE para este tipo de proxectos.
En palabras da UDC, “esta incubadora configúrase como unha oportunidade para facer medrar o ecosistema tecnolóxico de Galicia e consolidar o Polo Tecnolóxico da Cidade das TIC” e permitirá conectar as capacidades e esforzos público-privados para o desenvolvemento de novas solucións tecnolóxicas no ámbito da IA (Intelixencia Artificial), mediante a creación e desenvolvemento de novas firmas innovadoras (startups), actuando como vehículo de transferencia de tecnoloxía aos sectores empresariais vinculados á saúde e biotecnoloxía, sector industrial e emprendemento dixital.
Para a posta en marcha de SinerxIA, que conta co apoio do IGAPE, prevese a rehabilitación dun edificio xa existente, situado ao carón do Centro de Servizos Avanzados (CSA), e que conta cuns 2.200 metros cadados de superficie. Así, o plan baséase na rehabilitación, adecuación e distribución dos usos a través do acondicionamento dos diferentes espazos dos que se beneficiarán as empresas. En total, a UDC espera contar cunha dotación económica superior aos 5 millóns de euros para poder levar a cabo esta actuación.
A Cidade das TIC conta na actualidade coas seguintes actuacións: o Galaxy Lab, centro de experimentación avanzada de Intelixencia Artificial; o Centro de Servizos Avanzados (CSA), un espazo de traballo e colaboración do sector TIC, en funcionamento e financiado con fondos do IGAPE; o escenario virtual impulsado pola Deputación da Coruña, e que ten as obras en marcha; o Centro de Formación Especializada, promovido pola Xunta, hoxe en fase de redacción do proxecto; e por último, a creación de varios escenarios físicos, complementarios aos virtuais, promovidos por Pedralonga Estudios, unha agrupación de empresas do sector audiovisual de Galicia, que prevé a construción de dous platós que situarán a Galicia como referente para as rodaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?