Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC permitiron unha celebración simultánea do sol en Fisterra (solpor) e Nachikatsuura (amencer)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC permitiron unha celebración simultánea do sol en Fisterra (solpor) e Nachikatsuura (amencer)

S. P.
Publicado: 24/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sol_fisterra_nachikatsuura_deputacion.jpgXapón e Galicia estreitaron este 23 de xullo, na véspera do noso Día Nacional, os seus vencellos. Fixérono coa vista posta no sol e conmemorando a través das TIC a cuase coincidencia do solpor en Fisterra co amencer en Nachikatsuura. Na celebración participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, a alcaldesa de Fisterra, Aúrea Domínguez, e o físico e catedrático da USC, Jorge Mira, xunto con representantes de moitos concellos da Costa da Morte. A cita (galega) foi este martes polo serán no cabo de Fisterra, onde se estableceu unha conexión directa con Xapón a través da cal retransmitiuse online o último solpor da Europa continental e o amencer na localidade xaponesa de Nachikatsuura, un fenómeno que se produce de forma simultánea só catro días ao ano.
A 10.000 quilómetros de distancia, as autoridades xaponesas, entre elas o alcalde de Nachikatsuura, Hori Junichiro, o gobernador da prefectura de Wakayama, Shuhei Kishimoto, ou os representantes da embaixada de España en Xapón seguiron tamén en directo o acto a través da emisión online, en aberto para todo o mundo.
Deste xeito, mentres o sol se mergullaba lentamente no horizonte do Océano Atlántico, ás 22.00 horas, na localidade xaponesa despuntaban xa as primeiras luces do alba ás 5.00 horas do día 24 de xullo.
“Hoxe é un día moi especial no que Galicia e Xapón, o Finisterrae da vella Europa e o país no sol nacente quedan unidas polo mesmo sol, un fenómeno único que gardaremos na nosa memoria”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, que destacou que “a maxia do solpor en Fisterra segue fascinando á humanidade como o facía hai dous mil anos” e grazas a esta iniciativa “nos conecta con Nachikatsuura para ver de maneira simultánea o espectacular amencer xaponés”.
O presidente agradeceu ao físico e catedrático Jorge Mira o seu traballo e implicación nesta iniciativa, que parte dun estudo seu, así como ao departamento de Turismo da Deputación que dirixe o vicepresidente Xosé Regueira, ao Concello de Fisterra, e moi especialmente ás autoridades xaponesas que participaron activamente e cunha gran implicación na coordinación dun evento que espertou gran interese en ambos países.
Ademais desta curiosa conexión a través do sol, as localidades de Fisterra e Nachikatsuura comparten a súa condición de seren extremos de dúas rutas de peregrinación declaradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Kumano Kodo – Camiño de Kumano – e o Camiño de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?