Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo capta máis de 1,2 millóns de euros de Fondos Europeos para modernizar os padróns municipais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo capta máis de 1,2 millóns de euros de Fondos Europeos para modernizar os padróns municipais

S. P.
Publicado: 26/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

260724_a_deputacion_capta_fondos_europeos_para_implantar_o_xeoparque.jpgA xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou esta mañá aceptar un investimento de máis de 1,2 millóns de euros de Fondos Europeos para desenvolver un novo proxecto que servirá para a modernización dos padróns municipais da provincia. Así o informou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen explicou que o Ministerio de Política Territorial comunicou a súa decisión de conceder á institución provincial 1.260.000 euros para desenvolver o proxecto XeoPadrón.
Rivera Capón indicou que estes fondos, que forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia habilitado polo Goberno do Estado, beneficiarán aos 67 concellos da provincia e permitiranlles seguir mellorando o funcionamento dos propios Concellos e prestar así un mellor servizo público aos veciños e veciñas. “O que imos levar a cabo con esta importante dotación económica é a revisión en profundidade da información que o Instituto Nacional de Estatística ten en cada concello sobre os habitantes empadroados e as súas vivendas”, detallou, engadindo que “en concreto poñeremos en marcha un novo sistema de xestión da información sobre os territorios de ámbito municipal, revisando os datos do padrón que ten cada concello e contrastándoos cos que dispón o Instituto Nacional de Estatística (INE)”. Deste xeito, dixo, “o INE contará cunha información depurada, contrastada, veraz e actualizada en relación aos habitantes de cada municipio”.
Lembrou que actualmente a institución provincial ten en marcha diferentes proxectos grazas a que captou máis de 4 millóns de euros deste mesmo plan para o programa ImpulsaTIC, co que “levamos a cabo actuacións tan relevantes como integrar a administración electrónica dos concellos cos servizos da Administración Xeral do Estado, implantar postos de traballo intelixentes que permiten mellorar a resiliencia dos municipios, crear oficinas de asistencia en materia de rexistro, implantar un sistema de gravación nos plenos dos concellos da provincia, ou mellorar a accesibilidade das páxinas webs municipais, aumentando así a transparencia dos concellos”. Tamén lembrou outros programas como o Acelera Peme, co que “prestamos asesoramento a empresas da provincia en cuestións de dixitalización”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?