Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster avanza no plan director da industria TIC coa redacción dun informe da diagnose e previsións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster avanza no plan director da industria TIC coa redacción dun informe da diagnose e previsións

S. P.
Publicado: 26/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cluster_tic_traballo.jpgO Clúster TIC Galicia segue a traballar no deseño do Plan Director da industria das TIC pasando á segunda fase do proxecto, que está a elaborar en colaboración coa Secretaría Xeral de Industria, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta. Nesta nova etapa, contémplase a definición e priorización das tarefas de actuación, así como a redacción dun informe coa diagnose, desafíos e perspectivas de futuro do sector tecnolóxico galego.
Estes novos pasos prodúcense despois de que se presentasen na asemblea xeral ordinaria celebrada o pasado 27 de xuño as suxestións e opinións das empresas socias a través do grupo de traballo Plan Director, creado expresamente pola entidade para realizar as achegas precisas no deseño deste mecanismo de planificación.
O Plan Director das TIC contará así con medidas, mecanismos e os medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.
Segundo lembra o Clúster, o sector tecnolóxico é considerado “estratéxico” pola Xunta, xunto coa industria metalmecánica, a automoción, a construción naval, o sector forestal-madeira, e a loxística industrial, para os que o Goberno autonómico tamén está a redactar plans directores. Estes documentos, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, pretenden servir de guía para a planificación da política industrial da Administración autonómica e están enmarcados nunha estratexia global que ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.
Enquisa para a elaboración do novo Plan Formativo
Por outra banda, o Clúster TIC Galicia está a recoller as necesidades de capacitación dos seus asociados de cara a elaboración do novo Plan Formativo da agrupación empresarial, que se desenvolverá dende o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de marzo de 2025. Estas accións enmárcanse no convenio que a entidade prevé asinar coa Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego nas vindeiras semanas, a través do cal financiouse o Plan Formativo do Clúster TIC de 2022, 2023 e 2024. O obxectivo deste programa é “realizar accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa para cubrir a demanda de talento tecnolóxico que experimenta o sector”.
Co fin de atender a máxima cantidade de propostas e achegas, o Clúster puxo a disposición das empresas socias un formulario deseñado para recoller a seguinte información: plans propios de formación organizados integramente polas entidades socias para os seus traballadores ou persoas activas alleas a súa organización (terán prioridade os cursos dirixidos a traballadores de empresas socias, mentres que os restantes valoraranse en función do crédito dispoñible); agregar alumnos a cursos organizados polo Clúster TIC Galicia; e ofrecer docentes para formacións realizadas pola asociación.
O prazo para enviar as necesidades remata o 31 de xullo de 2024.
Para a execución do programa formativo, e no caso de que os fondos sexan inferiores á demanda, daránselle prioridade ás peticións das firmas que presentaron as súas preferencias a través deste formulario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?