Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lalín e R avanzan na migración do sistema informático municipal á nube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lalín e R avanzan na migración do sistema informático municipal á nube

S. P.
Publicado: 26/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_lalin_migracion_nube.jpgO Concello de Lalín fixo esta semana un balance do estado no que se atopan os procesos da Administración local para migrar todo o seu sistema informático á nube e blindar a información dixital municipal de cara a posibles ataques e incidencias. Segundo fixo saber a concelleira de Novas Tecnoloxías, Raquel Lorenzo, o dito proceso levado a cabo por R atópase “moi avanzado” e, de feito, a previsión é que a finais de agosto estea concluído os traballos estean concluídos, logo dun investimento global duns 600.000 mil euros. Entre outras vantaxes, dixo, aforraranse custos, garantirase un óptimo nivel de seguridade, actualización plena nas licenzas e maior capacidade de almacenamento.
Este proxecto, dixo, “sitúa ao Concello de Lalín como punteiro na aplicación de solucións tecnolóxicas e en ciberseguridade”.
Lorenzo explicou que para levar a cabo o proxecto, a empresa adxudicataria R (MasOrange) despregou unha liña exclusiva de fibra para o Concello de Lalín de 10 Gbps., 16 veces máis rápida da que se dispuña, conseguindo unha latencia inferior a 2 milisegundos entre o centro de procesamento de datos emprazado na Coruña e o Consistorio lalinense. “Desde o pasado 1 de xullo os equipos informáticos municipais xa aloxan neste centro de computación”, precisa. A responsable municipal remarcou que para levar adiante este innovador proceso traballan coordinadas con R e co departamento de Novas Tecnoloxías municipal un total de 10 empresas de distintos ámbitos da tecnoloxía como Ayesa; Satec; Exxita; Vodafone; Canon; Wurth; Espublico; Berger-Levrault e Ednon.
Lorenzo lembrou que a nova rede corporativa conta con sistemas de protección a ambos lados, isto é, entre o centro de datos e o propio Concello e cunha nova segmentación en función dos equipos, é dicir, se son impresoras, ordenadores, Wi-Fis ou outra clase de dispositivos, ademais dunha liña de respaldo de 1Gbps.
Traballos iniciais
A concelleira remarcou que un dos primeiros traballos realizados neste proxecto de migración á nube foi a implantación do paquete ofimático Office 365, que “permite o traballo colaborativo, axuda ao cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade (ENS) e facilita a eliminación das sempre perigosas memorias USB na contorna laboral”. Os traballos realízanse en horario laboral de xeito que resultan practicamente transparentes para o persoal municipal, engadiu, puntualizando “antes da posta en marcha do servizo cloud (na nube), o Concello realizou unha serie de auditorías para coñecer as distintas debilidades do sistema e ademais impartíronse formacións sobre enxeñería social para coñecer as distintas técnicas de manipulación que usan os ciberdelincuentes e como previrse delas”.
A edil agradeceu a colaboración amosada por todo o persoal municipal na implantación deste proxecto que, segundo dixo, “fará de Lalín un referente a nivel tecnolóxico, máxime cando pretendemos certificar ao Concello no ENS a finais deste ano, o que nos converterá no primeiro concello galego en lograr esta acreditación e nun dos primeiros de España de máis de 20.000 habitantes en verificar que o noso sistema cumpre con máximos requisitos de seguridade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?