Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto AriSe emprega IA para o control das redes IoT futuras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto AriSe emprega IA para o control das redes IoT futuras

S. P.
Publicado: 26/07/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

arise1.jpgA Internet das Cousas xerará cantidades inxentes de información e as redes de comunicación precisan de máis capacidades para acubillar un aumento do tráfico sen precedentes, debido ás novas aplicacións pero tamén á incorporación de dispositivos sensores e actuadores ás infraestruturas das cidades intelixentes e aos obxectos cotiáns que nos rodean. Para apoiar esta demanda, despregaranse redes de comunicación ultradensas, un novo paradigma no que tamén se contemplan as nanocomunicacións, na que centos de miles de dispositivos a micro/nanoescala comunicaranse na banda de terahercios. Investigadores da UVigo traballan neste punto a través do proxecto AriSE (Redes ultradensas sen celas, redes IoT futuras e nanorredes), posto en marcha hai tres anos.
O proxecto, que afronta o reto da despregadura masiva de solucións de Intelixencia Atificial para o control e xestión da rede, das súas funcionalidades e dos seus servizos, foi seleccionado na convocatoria estatal de Xeración de Coñecemento, e que está a piques de concluír. Cun orzamento de 122.452 euros, está coordinado polo catedrático da Universidade de Vigo Francisco Javier González Castaño, director do grupo GTI e polo profesor da Universidad Politécnica de Cartagena Juan José Alcaraz. Xunto con eles, están implicados neste proxecto o catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática Felipe Gil Castiñeira e o catedrático da mesma área na Politécnica de Cartagena Antonio Javier García Sánchez, así como todos os investigadores sénior do grupo GTI, é dicir, Juan Carlos Burguillo, Enrique Costa, Cristina López Bravo, Pedro Rodríguez Hernández, Pablo Fondo, Silvia García Méndez e Francisco de Arriba, ademais dun investigador FPI, David Candal. Na investigación colaboran tamén os principais operadores españois xunto con dúas multinacionais que prestan o seu apoio. Ademais, o traballo que se realiza en AriSe coincide coa participación do equipo no proxecto NextPerception, da convocatoria H2020.
Segundo os investigadores, os avances na despregadura masiva de solucións de IA para o control e xestión da rede, xa presentes en diversos graos na 5G, sentarán os alicerces para as tecnoloxías post-5G ou 6G. Como explica González Castaño, “por primeira vez na historia, a capacidade das redes superará calquera necesidade de comunicación presente e previsible, achegándose á capacidade agregada dos sentidos dos seres humanos. O factor limitante xa non serán as redes, senón a capacidade de computación. Para a xestión destas redes a IA é esencial, sen ela “non se poderán manter os enlaces máis adecuados ás necesidades de cada servizo en todo momento sen afectar ás sesións de usuario, dadas as características das bandas empregadas”.
O punto de partida de AriSe era avanzar no deseño, análise e avaliación de algoritmos intelixentes escalables para optimizar a asignación de recursos en redes de acceso ultradensas. Tamén traballaron no desenvolvemento dun marco de xestión intelixente para a fragmentación de redes en redes ultradensas, baseado en métodos de Intelixencia Artificial e no deseño e implementación de arquitecturas que proporcionen comunicacións fiables, robustas e eficientes en redes ultradensas de Internet das Cousas (IoT) soportadas por técnicas de IA. Outra das liñas principais de traballo foi o deseño e optimización de redes ultradensas con técnicas de IA, así como o desenvolvemento de técnicas de IA para controlar as funcionalidades da rede, garantindo a calidade do servizo e a experiencia do usuario con capacidades de aprendizaxe en liña.
A piques xa de rematar o proxecto, o catedrático González Castaño explica que acadaron “resultados en IA aplicada ás redes celulares e redes mesh, a clave de 6G, incluíndo as novas bandas de THz”. Como ocorreu coas comunicacións 5G, destacan os investigadores, “espérase que as redes posteriores teñan un impacto revolucionario na produtividade, competitividade e creación de valor nos principais sectores de actividade económica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?