Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os investigadores Wendy Fernández e Alberto Gutiérrez recoñecidos no certame Youtubers Científicos da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os investigadores Wendy Fernández e Alberto Gutiérrez recoñecidos no certame Youtubers Científicos da UVigo

S. P.
Publicado: 26/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

youtubers_cientificos_uvigo.jpgNa súa terceira edición, o Concurso de Vídeos Youtubers Científicos da UVigo premiou dous traballos de divulgación nos que as es os usuarios da canle poden achegarse de xeito ameno e sinxelo ao comportamento reprodutivo do peixe espiñento e á relación entre as bacterias, a fotosíntese e o mar.
A iniciativa da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo, enmarcada no plan anual Ciencia de Ida e Volta, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, recoñeceu o traballo de Wendy Fernández, investigadora do Grupo de Ecoloxía Animal, Comportamento reprodutivo do peixe espiñento, co premio do público e Bacterias de Alberto Gutiérrez co galardón do xurado. Ambos os dous gañadores recollían nas últimas horas os seus galardóns, cadanseu kit de produtos de iniciación para vlogging, valorado en arredor de 400 euros, de mans da vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama.
O xurado, formado por persoas expertas en comunicación e ciencia, entre os que se atopaban o director do programa Efervescencia da Radio Galega e presidente da Asociación Galega de Comunicación Científica, Manuel Vicente, e o xornalista e editor no #DígochoEu e no concurso Tal semente, Gabriel Fuentes, destacaron a diversidade dos temas e estilos presentados ao concurso, así como “a capacidade de síntese dalgúns dos temas, a calidade visual doutros, a creatividade ou elección dun estilo animado para facilitar a comprensión e captar a atención”.
Rematado o prazo de presentación das candidaturas, os vídeos recibidos subíronse á canle de YouTube da UCC+i onde o público foi o encargado de elixir cos seus gústame a proposta gañadora.
A investigadora do grupo de Ecoloxía Animal Wendy Fernández sumou co seu Comportamento reprodutivo do peixe espiñento a maior cantidade de gústame e con eles o premio do público.
Pola súa banda o investigador, do CIM UVigo no momento de convocarse o concurso e agora da USC, Alberto Gutiérrez co vídeo Bacterias fíxose co premio do xurado, que destacou o “uso do humor e autenticidade para achegar a relación entre a fotosíntese, o mar e as bacterias e espertar o interese do público sobre estas cuestións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?