Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega COGESA crea un novo software para a rastrexabilidade de próteses e implantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega COGESA crea un novo software para a rastrexabilidade de próteses e implantes

S. P.
Publicado: 29/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_p3c90-3defa-3-3.jpgA compañía galega de loxística sanitaria e biosanitaria COGESA, con sede en Ourense e plataforma propia na Comunidad de Madrid, desenvolveu un novo software para xestionar a rastrexabilidade (a trazabilidade) das próteses, implantes e produtos de alto valor, que ten a vantaxe de integrarse, en palabras da empresa, “con sistemas de control de stock, como armarios ou salas con tecnoloxía RFID, e funciona de maneira eficaz en contornas sen control de stock físico”.
A maiores, este software intégrase ao cen por cen coa historia clínica electrónica mediante o estándar HL7, o que garante unha xestión de datos segura e eficiente, e mellora a atención ao paciente e a precisión no manexo de implantes e próteses.
COGESA está a avanzar ademais de forma significativa no sistema de control dos servizos de mensaxería do departamento de loxística biosanitaria, encargado de transportar mostras biolóxicas, sangue e hemoderivados, tecidos trasplantables e medicamentos, entre outros elementos.
“Este novo sistema mellora a dixitalización dos procesos administrativos e de control, optimiza os recursos dispoñibles e os roteiros de entrega, ademais de incorporar un control estatístico de custos por proxecto”, explica a empresa galega, engadindo que foi quen de aplicar sistemas avanzados de rastrexabilidade para o transporte de tratamentos farmacéuticos hospitalarios, con entrega directa nos domicilios dos pacientes. Este novo sistema tamén se integra de maneira máis efectiva cos sistemas de xestión de laboratorios e empresas farmacéuticas, asegurando unha maior eficiencia e seguridade na cadea de subministro.
“Estas iniciativas non só reflicten o noso compromiso coa innovación e a mellora continua, senón que tamén nos permiten ofrecer servizos máis efectivos e seguros, mellorando a experiencia do paciente e a eficacia operativa do hospital”, explica o director de operacións de COGESA, Jorge Noceda, quen explica que “o sector da loxística sanitaria e biosanitaria evoluciona moi axiña, grazas á incorporación de tecnoloxías avanzadas como a Intelixencia Artificial Xenerativa, o Blockchain, o Big Data ou a robotización”. Segundo engade, “a tendencia é cara a unha maior integración de todas estas novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia, a seguridade e a capacidade de resposta e optimizar os procesos internos, son tecnoloxías que melloran indirectamente a atención ao paciente, ao asegurar que os produtos necesarios estean dispoñibles onde e cando se necesiten. É probable que vexamos nun futuro non moi afastado unha integración máis profunda e unha interoperabilidade entre todas elas para crear sistemas de rastrexabilidade máis robustos, seguros e eficientes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?