Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As obras do estudio audiovisual virtual da Deputación da Coruña rematarán a finais de ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As obras do estudio audiovisual virtual da Deputación da Coruña rematarán a finais de ano

S. P.
Publicado: 29/07/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

estudo_inmersivo_deputacion_coruna_cidade_das_tic.jpgA finas de ano rematarán os traballos do proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior escenario audiovisual virtual de España impulsado pola Deputación da Coruña na Cidade das TIC da Coruña (antiga Fábrica de Armas) cun investimento de máis de 8,6 millóns de euros (co-financiado con fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España).
Así o fixo saber o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nunha visita ás obras que se están a realizar na Cidade das TIC acompañado do reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, da vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade, Sonia Vázquez, e do responsable de Servizos Audiovisuais de Telefónica, Renny Rodríguez.
Segundo lembraron, as obras do edificio foron adxudicadas por 2,5 millóns de euros, mentres que a parte tecnolóxica foi adxudicada a Telefónica por 6,1 millóns de euros. Tamén recordaron que o CEI contará “coa tecnoloxía máis avanzada do mundo en produción audiovisual virtual, que permitirá recrear calquera escenario con absoluto realismo e capacidade inmersiva”.
Ademais, os responsables tanto da parte de obra civil como da parte tecnolóxica confirmaron que os traballos “avanzan a bo ritmo”, polo que agardan que se cumpran os prazos previstos, que permitirían ter o CEI en funcionamento a finais deste ano 2024. De feito, explicaron que xa se están a instalar as estruturas que darán soporte ao inmóbel e, a maiores, comezou a tomar forma o patio central que separa os dous volumes claramente diferenciados que configuran o edificio. A parte máis elevada, situada ao este da parcela, conta xa cunha gran estrutura prefabricada de formigón e estanse levantando as primeiras paredes. “Esta parte é a que acollerá o sistema tecnolóxico e a zona de pantallas do estudio audiovisual virtual”, fixo saber Formoso, engadindo que “é unha boa nova que as obras estean avanzando segundo o previsto, apreciamos un gran avance desde a última vez que estivemos aquí hai poucos meses e as previsións que nos trasladan os técnicos son que poderemos ter todo rematado e en marcha de cara a finais deste ano”.
O presidente da Deputación destacou que o CEI suporá “un posicionamento estratéxico de Galicia dentro do Plan “España, Hub Audiovisual de Europa”, destinado a trasformar o ecosistema audiovisual do país, impulsar a súa internacionalización e competitividades. E engadiu: “Galicia xa está hoxe á vangarda na creación de series e películas de referencia e conta con empresas líderes na industria audiovisual a nivel nacional, pero temos aínda un enorme potencial que queremos axudar a desenvolver completamente coa posta en marcha do Coruña Estudio Inmersivo.
Detalles do edificio
O edificio queda elevado sobre o terreo natural, medrando a súa altura cara á fachada sur, o que permite ventilar o forxado da planta baixa, reducir a humidade, a condensación e, ademais, xerar unha barreira contra o radon. Isto tamén posibilita crear unha planta de soto na parte sur sen necesidade de escavar. Como eixo desta infraestrutura disponse un patio central que servirá como nexo de unión entre os dous bloques e en torno ao que se dispoñen dous espazos en forma de L vinculados ao escenario virtual, no que se disporán os diferentes usos: o acceso e as circulacións, camerinos, vestiarios, unha sala de maquillaxe e de peiteados, unha sala de figuración, tres salas polivalentes, dúas de controis técnicos, despachos, salas de produción, unha zona de descanso, sala de instalacións e almacén.
Para o deseño do edificio do CEI tamén se tiveron en conta criterios de sustentabilidade. As fachadas a sur están protexidas da radiación solar no verán, pero no inverno permiten que esta radiación incida sobre as carpinterías e axude a atemperar o interior. A orientación das diferentes estancias tamén responde a unha estratexia de aproveitamento da ventilación natural. Ademais, inclúese o uso de cubertas vexetais con Sedum, plantas autóctonas que non necesitan de mantemento e que permiten a recuperación de auga, implementando así un sistema de almacenamento e reciclaxe da auga da chuvia. Outro punto importante é o emprego de paneis fotovoltaicos que permitan satisfacer ata un 80% da demanda de electricidade dos edificios.
Tecnoloxía virtual de vangarda de Telefónica
Os responsables do proxecto estiman que durante o mes de outubro, unha vez completada parte da estrutura do edificio, procederase á instalación dos sistemas de pantallas LED, cunha gran pantalla semicircular de 28 metros de longo e 6 metros de alto e resolución 4K, así como a correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados e o sistema tecnolóxico co que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade. “Este sistema de pantallas permite recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual”, explicaron, engadindo que “a combinación dos sistemas de escenografía virtual VR/AR/XR e pantallas LED coa que contará o escenario virtual posibilitará aos produtores de cine e televisión a creación de contornas virtuais altamente detallados e realistas que ofrezan unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibiliten a creación de contido interactivo e de Realidade Aumentada de forma que os actores poidan interactuar cos elementos virtuais en tempo real”. A tecnoloxía do CEI vén proporcionada por Telefónica, adxudicataria do contrato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?