Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC lidera un proxecto europeo que achega recursos formativos dixitais a persoas inmigrantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC lidera un proxecto europeo que achega recursos formativos dixitais a persoas inmigrantes

S. P.
Publicado: 30/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240730_awke_640x480_.jpgA profesora Pilar Couto Cantero, docente da Área de Didáctica da Lingua e a Literatura da UDC, lidera o proxecto Erasmus+ titulado AWKE (A Welcome Kit to Europe), co-financiado pola Unión Europea e dotado con 250.000 euros, que terá unha duración de dous anos. Esta iniciativa da UDC foi escollida entre as 40 finalistas dun total de 257 solicitudes presentadas.
AWKE apoiará plans de transformación dixital en Educación Primaria e Secundaria. Isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais. Así mesmo, inclúe o desenvolvemento das habilidades e competencias dixitais de toda a poboación a través de programas e iniciativas axeitados.
Esta iniciativa pretende contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural.
Está formado, xunto coa UDC, por outras 10 institucións (colexios, asociacións e universidades) de 6 países diferentes: 2nd Gymnasium of Nafpaktos, en Grecia; Agrupamento de Escolas de Monserrate, en Portugal; Asociación de Empresarios Polígono Sabón – Arteixo, España; Eurasia Innovative Society Association, en Turquía; Fthia in Action, Grecia; IES Urbano Lugrís, da Coruña, España; Instituto Borsellino – Ajello, Italia; Liceo delle Scienze Humane Albertina Sanvitale, Italia; PICE. Profesores para la Innovación y la Calidad Educativa, A Coruña, España; e a University of Cyprus, Software Engineering and Internet Technologies Lab, de Chipre.
Segundo a profesora Pilar Couto, “todos os socios do consorcio están traballando duramente para elaborar los materiais didácticos e cumprir cos obxectivos propostos. Até o de agora xa mantiveron dúas xuntanzas transnacionais en Viana do Castelo (Portugal) e en Parma (Italia) de acordo co calendario establecido. Tamén está prevista unha terceira reunión en Grecia e a última en España, na nosa Universidade, para celebrar o evento multiplicador e o peche do proxecto”.
Así, a estratexia, actividades e resultados deste proxecto contribuirán a solucionar o problema dos inmigrantes e estudantes con dificultades de aprendizaxe; e tamén ao profesorado con alumnado inmigrante nas súas clases, e en xeral a calquera alumno interesado en aprender idiomas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?