Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O grupo AdvancedBiofab da UDC presenta unha tecnoloxía para crear estruturas de alta resolución en aplicacións médicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O grupo AdvancedBiofab da UDC presenta unha tecnoloxía para crear estruturas de alta resolución en aplicacións médicas

S. P.
Publicado: 31/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

img20240626105924_-_cica.jpgO investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC Daniel Nieto, e o seu equipo de laboratorio Advanced Biofab, veñen de presentar unha tecnoloxía avanzada multimaterial que permite a creación de estruturas de alta resolución para aplicacións médicas, un desenvolvemento que levará a cabo en colaboración coa compañía de biofabricación 3D Healthbiolux.
Esta tecnoloxía, explica o grupo, “representa un avance moi significativo cara a fabricación personalizada de tecidos, abrindo novas posibilidades no tratamento de enfermidades e mancaduras, xa que ata o momento, non se utilizou nin un só tecido artificial para substituír parte dun órgano, agás tecidos simples ou avasculares, como a pel ou a cartilaxe”. Isto débese principalmente a que as tecnoloxías de vangarda de bioimpresión 3D non logran replicar as diferentes estruturas multimaterial asociadas aos diferentes microtecidos e órganos humanos; e como consecuencia non consiguen desenvolver órganos funcionais e fisiolóxicos “reais”, sinalan, engadindo que pola contra “este dispositivo multimaterial permítenos bioimprimir de xeito simultáneo varios biomateriais que conteñen células é así poder xerar estruturas pluricelulares con resolucións e en tempos clinicamente aceptables”.
img20240626110011-cica.jpgA bioimpresora entre a UDC e Health Biolux beneficiará a diversos sectores industriais, incluíndo o sector de fabricación de produtos biolóxicos, a industria farmacéutica, a industria da medicina rexenerativa e os sectores tecnolóxicos relacionados co descubrimento de fármacos e modelado de enfermidades.
Tamén contribuirá ás 3R (reducir, refinar e substituír) das probas con animais e mellorar a relevancia humana e a rendibilidade da avaliación da seguridade, sinalan dende o grupo da UDC, explicando que na actualidade a Unión Europea utiliza ao redor dun millón de animais ao ano para avaliar a seguridade de produto químicos. “Porén, co desenvolvemento desta bioimpresora aporta unha ferramenta que contribuirá ás 3R (perfeccionamento, redución e substitución) das probas en animais reducindo de forma significativa a necesidade de experimentar con modelos animais”.
O reputado investigador Daniel Nieto, incorporado ao CICA neste ano, traballa en cinco liñas de investigación punteiras que van desde a biofabricación avanzada para sistemas de enxeñería vivos ou a biofabricación para enxeñería de órganos e tecidos ata a liña de investigación baseada en HOTB para a bioimpresión óptica holográfica por pinzas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?