Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TV do deporte galego xa conta con 30 recintos operativos para emitir na tempada 24-25
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A TV do deporte galego xa conta con 30 recintos operativos para emitir na tempada 24-25

S. P.
Publicado: 01/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cinfo_television_deporte_galego.jpgA galega Cinfo compartiu en xullo novidades sobre o seu acordo conxunto coa Federación Galega de Fútbol para lanzar na tempada 24-25 a televisión do deporte autonómico galego. Así, desde o lanzamento oficial do proxecto a primeiros de xuño, 30 recintos xa foron instalados e están operativos para comezar coas emisións. Cinfo continuará co plan de instalacións durante todo o verán para que ao comezo das ligas, os 120 campos incluídos na primeira fase conten co preciso para emitir.
“Desa forma”, explica a empresa que dirixe Antonio Rodríguez del Corral, “no primeiro mes desde a sinatura do acordo coa Real Federación Galega de fútbol e o lanzamento oficial da canle, unha cuarta parte dos recintos incluídos para a primeira fase xa están preparados para comezar as emisións”.
Nesas instalacións terminadas xogan todo tipo de deportes; fútbol, fútbol sala, balonmán, baloncesto voleibol, patinaxe….
“Queremos que calquera afeccionado de calquera deporte, poderá ver os campionatos e partidos dos seus clubs preferidos a través da televisión do deporte galego”, sinalan dende a empresa coruñesa.
Segundo explicou recentemente Antonio Rodríguez del Corral, director de Cinfo, a televisión do deporte autonómico galego é unha plataforma de televisión por Internet que permitirá a todos os seareiros ao deporte ver aos seus equipos locais e que estará dispoñible vía apps de dispositivos móbiles, de Smart TV, en Android TV e en navegadores. No servizo de navegadores dispoñerá ademais de servizo multicámara e de vista táctica para adestradores.
Con este acordo, 123 equipos galegos, tanto masculinos como femininos, que xogan nas ligas autonómicas de fútbol e fútbol sala estarán dispoñibles nunha única plataforma.
A emisión dos partidos utiliza o sistema de Intelixencia Artificial e de produción na nube de Cinfo que “permitirá emitir todos os partidos minimizando o custo e sen baixar a calidade, xa que os eventos poderán ter locución, repeticións, marcador e todo o necesario para ter unha produción atractiva”, explicaron fontes da empresa galega, engadindo que o centro de produción e control será instalado no CSA da Cidade das TIC.
Esta plataforma será gratuíta para todos os afeccionados e está aberta ao resto de clubs e federacións de Galicia para que poidan emitir as súas ligas e crear unha comunidade do deporte galego ao redor desta televisión
O proxecto ten un modelo cooperativo. Os propios clubs poderán xestionar o seu inventario de publicidade en mesmo ter os seus propios locutores, con presenza en pantalla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?