Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno executa este ano 19,4 millóns para estender a banda larga ao conxunto de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno executa este ano 19,4 millóns para estender a banda larga ao conxunto de Galicia

S. P.
Publicado: 01/08/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

predro_blanco_cumprindo.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, fixo balance das frontes de traballo abertas polo Goberno para acelerar a innovación e a modernización (sustentable, social, tecnolóxica) da nosa Comunidade. Segundo apuntou, “a Galicia vive a día de hoxe a maior transformación da súa historia con case 4.000 millóns de euros do Goberno para un futuro xusto, seguro e sostible”, e que esta transformación é posible gracias ao Plan de Recuperación impulsado polo Goberno e que se converteu “no gran motor da modernización de Galicia”.
Pedro Blanco presentou este primeiro de agosto o balance semestral de rendición de contas Cumprindo, que recupera o Goberno nesta lexislatura reflexo do compromiso pola transparencia na xestión pública e a información á cidadanía.
O delegado detallou que, ata o pasado mes de xullo, Galicia recibiu 3.391 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Desta cantidade, 1.846 millóns de euros foron executados directamente polo Goberno e 1.545,2 millóns de euros foron asignados a Galicia para executar políticas no marco das súas competencias: vivenda, mobilidade sustentael, promoción de renovables, restauración de ecosistemas, educación e Formación Profesional, inclusión e servizos sociais, entre outros. A estas dúas cantidades engádense os 440,9 millóns de euros asignados a Galicia a través dos Fondos REACT-UE.
Segundo dixo, ata o de agora agora as convocatorias e programas financiados polo Plan de Recuperación beneficiaron en Galicia a 36.876 empresas, institucións, e cidadáns situadas en todos os concellos. Deste total, Pedro Blanco destacou que oito de cada dez beneficiarios das convocatorias son empresas e persoas autónomas de Galicia, o que certifica que o Goberno “é o mellor aliado do tecido empresarial galego”.
Sobre as previsións para o vindeiro semestre, o delegado reiterou que o Goberno seguirá traballando en políticas para as persoas, aproveitando o bos datos económicos acadados. Dentro destas políticas, Pedro Blanco remarcou as iniciativas para facilitar o acceso á vivenda, tanto de propiedade como de alugueiro. Respecto ao alugueiro, puxo en valor os 58,5 millóns de euros comprometidos para construír máis de 1.200 vivendas para alugueiro social en Galicia.
O balance Cumprindo repasa os fitos acadados polo Goberno en Galicia en distintos epígrafes. Ao Plan de Recuperación, engádense as medidas relativas á modernización socioeconómica en clave verde e dixital, nas que destacan os 111,7 millóns de euros para a dixitalización de 27.282 pequenas empresas e autónomos de Galicia co Programa Kit Dixital ou os datos acadados en emprego e afiliación á Seguridade Social.
No que respecta ao reforzo do Estado do Benestar, o balance destaca as 76.459 persoas que perciben o Ingreso Mínimo Vital, a creación de máis de 5.600 prazas de Formación Profesional ou os 49,7 millóns transferidos para mellorar a atención a persoas dependentes.
No que respecta á promoción da igualdade entre homes e mulleres, o balance recolle, entre outros compromisos cumpridos, os 12 millóns de euros destinados a Galicia para accións contra a violencia de xénero e os 9 millóns de euros para executar o Plan Corresponsables.
O balance remata co repaso das accións para fortalecer a cohesión territorial e facer fronte ao reto demográfico, entre as que destacan o programa ÚNICO-Banda Larga, con 19,4 millóns executados este ano para estender a banda larga ao conxunto de Galicia e os 53,2 millóns de euros para dotar de conectividade 5G a zonas rurais. Estas medidas, como dixemos, forman parte da terceira convocatoria do Programa ÚNICO Banda larga do Ministerio de Transformación Dixital, que suma un investimento global de 90 millóns de euros na comunidade para levar a conexión de banda larga a 236.254 fogares e empresas que ata o de agora non contaban con este servizo antes de finais de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?