Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha tese do CITENI e GKN aplica xemelgos dixitais na mellora térmica dos motores eléctricos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha tese do CITENI e GKN aplica xemelgos dixitais na mellora térmica dos motores eléctricos

S. P.
Publicado: 01/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

jon_garcia_urbieta_udc_xemelgo_dixital.jpgO investigador da UDC (CITENI) Jon García Urbieta desenvolveu un traballo tecnolóxico que afronta o reto da acumulación de calor derivada da xestión térmica dos motores de imán (acumulación en puntos críticos que pode elevar a temperatura dos sistemas por riba dos límites seguros), empregados nos vehículos eléctricos, pola súa alta eficiencia, tamaño compacto e fiabilidade. O dito desafío encararíase coa aplicación de xemelgos dixitais.
Jon García Urbieta levou a cabo esta investigación baixo a dirección de Fran González Varela, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC), e Sergio Armentia Cerio , da empresa GKN Automotive Zumaia. Alí traballa no desenvolvemento de transmisións eléctricas para vehículos.
O tribunal da defensa da súa tese de doutoramento industrial, titulada Digital Twins for the Thermal Analysis of Permanent Magnet Synchronous Motors, destacou a calidade e a relevancia do traballo presentado. A investigación de Jon García céntrase nos fenómenos térmicos que lles afectan aos motores durante o seu funcionamento e subliña a importancia de controlar a acumulación de calor en puntos críticos para evitar non só o desgaste, senón tamén danos irreversibles.
jon_garcia_urbieta_udc.jpgDada a imposibilidade de medir directamente a temperatura en puntos vulnerables do motor, García propuxo o emprego de xemelgos dixitais, os cales combinan modelos teóricos con medicións reais de sensores, que si se poden instalar no motor. “Isto permite facer unha estimación precisa da temperatura naqueles puntos críticos”, explica o investigador, engadindo que “os xemelgos dixitais son capaces de adaptarse a cada motor concreto, ver a súa evolución e reflectir o seu avellentamento segundo os ciclos de uso”.
Os métodos desenvolvidos foron validados en bancos de ensaios ciberfísicos onde se someteron motores reais a probas mediante a interacción con simulacións da dinámica do vehículo. Esta innovadora aproximación foi eloxiada polo tribunal, que valorou a aplicabilidade práctica e o potencial impacto na industria dos vehículos eléctricos do traballo defendido.
Para a UDC, a defensa da tese de Jon García Urbieta non só representa un avance significativo na investigación académica, senón tamén “unha contribución clave ao desenvolvemento tecnolóxico no sector dos vehículos eléctricos”. E engádese: “Este logro destaca a importancia das teses industriais: pescudas aplicadas realizadas en colaboración entre a academia e a industria para resolver problemas reais, co obxectivo de avanzar cara a un futuro máis sostible e eficiente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?