Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa están á venda as entradas anticipadas para asistir á vindeira Lérez Up
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa están á venda as entradas anticipadas para asistir á vindeira Lérez Up

S. P.
Publicado: 01/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lerez-up-iii-edicion-2024-09-28_evento_671.jpgA organización da feira pontevedresa Lérez Up, salón de videoxogos e cultura friki, comunicou que a partir deste 1 de agosto están á venda en liña as entradas anticipadas para asistirmos ao dito evento, impulsado pola asociación Gaming Troop e o Concello de Pontevedra. Celebrarase entre o 28 e o 29 de setembro no Recinto Feiral da cidade do Lérez.
Antecedentes
Máis de 4.000 persoas apaixonadas dos videoxogos, a cultura xaponesa e o lecer alternativo, non quixeron perderse a Lérez Up o verán pasado. Un punto de encontro que conta coa participación de diferentes asociacións que traen un abano de actividades para todos os gustos: obradoiros, charlas de arte e videoxogos, torneos, xogos de mesa, Magic, cosplay, karaoke, k-pop, simracing e VR e máis.
Zonas populares e novidades
Este ano mantéñense as zonas populares como a Zona de Consolas (con xogo libre e torneos, entre os que se atopan Mario Kart 8, Street Fighter 6, Duck Game, Switch Sports e máis), a Zona de PCs (tamén con xogo libre e torneos de Valorant e League of Legends, con inscricións abertas ata o 18 de agosto), a Zona de Casetas (con máis de 60 postos de artistas e comerciais), ou a Zona de descanso (con diferentes foodtrucks para todos os gustos); e como novidade, haberá zonas novas: unha dedicada á saga Star Wars (con duelos e obradoiros para crear o noso propio sabre de luz), e outra pensada para os fanáticos da cultura coreana con actividades relacionadas co mundo do K-POP, nas que destaca o Concurso de Dance Cover. As inscricións xa están abertas, cun máximo de 10 prazas para cada categoría, e contan con premios de 70€ para solistas e 200€ para grupais.
lerezup23_photos-188-2.jpg Tamén se ampliarán a Zona de Xogos de Mesa (onde este ano haberá tamén torneos de Warhammer), a Xona de Magic (bautizada este ano como Zona Card Games, ao incluír novos xogos de cartas como Pokemon ou Lorcana), e a Zona de Smash (que este ano pasa a chamarse Zona Fighting Games) ao incluír tamén o torneo de Tekken 8, ademais do nacional de Smash Bros (competición que reuniu a máis de 100 persoas de todo o país e de partes de Portugal na edición pasada).
A convención incluirá tamén unha área con postos dedicados aos xogos indies. Desenvolvedores e creadores independentes presentarán os seus propios videoxogos que o público terá a oportunidade de probar e coñecer.
lerezup23_photos-96-2.jpg Ademais, entre a programación haberá oco para contidos didácticos, con charlas de arte (A viaxe de ser ilustrador editorial impartida por Raisa; e Ser autónoma e ilustradora: Guía práctica por Alba Santa) e do mundo do Cosplay (Guía para o teu primeiro concurso de cosplay e Siluetas e tecidos para cosplay impartidas polo xurado profesional do Concurso de Cosplay, Kaisiwiwi, MeryNyan e Akurin). Tamén se poderá asistir a pequenos obradoiros creativos, con inscrición no propio evento: Retrato a bolígrafo (por Belén Diz), Caligrafía xaponesa (pola Escola Oficial de Idiomas de Vigo), Deseño de personaxes (por Limbo Illustration) e Crea os teus propios accesorios de origami (por Alan Pettinari).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?