Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O podcast Aquí faltan páxinas afonda na solidariedade anónima das mariñas de Redondela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O podcast Aquí faltan páxinas afonda na solidariedade anónima das mariñas de Redondela

S. P.
Publicado: 02/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240801_sandra-bastos_aqui-faltan-paxinas-1.jpgFinalmente foi un éxito de público e repercusión nas redes o faladoiro deste 1 de agosto do programa de faladoiros podcast da Deputación de Pontevedra, Aquí faltan páxinas, celebrado na illa de San Simón, no que se puxo o foco no papel das madriñas de Redondela. Mulleres que, como asegurou a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, “arriscaron a súa vida para axudar a quen non cometeu máis delito que defender os seus valores”, e durante a guerra civil e a posguerra foron a esperanza dos presos da illa redondelá.
O presidente do Obradoiro de Estudos Locais, Fernando Monroy, foi o encargado de recuperar a súa memoria, acompañado de Rosa Otero, Eufemia Rodríguez, Manuel López e Martina Rodríguez, catro familiares das madriñas. “Historias de mulleres anónimas de Cesantes, Reboreda, Cedeira ou Ventosela, que serán lembradas sempre polo seu heroísmo”, destacou a responsable provincial de Igualdade, que lembrou que moitas delas foron “castigadas, multadas ou represaliadas, pero non dubidaron en continuar, como auténticas heroínas anónimas que achegaron esperanza aos presos sen pensar, tan sequera, no risco que isto supoñía”.
As madriñas, ou lavandeiras, de Redondela, crearon entre os anos 1936 e 1943 unha rede de cooperación para axudar aos preto de seis mil homes que estiveron presos en San Simón e dos que se estima morreron uns 700 de enfermidade e de malnutrición a causa das condicións de vida e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Estas mulleres, mesmo sen ter vinculación ningunha cos presos, ofrecéronse a lavarlles a roupa e levarlles comida, mantas, menciñas e, moitas veces, cartas de familiares agochadas entre a roupa.
A súa traxectoria, así como a das outras mulleres que forman parte da segunda colección do programa Aquí faltan páxinas“, será recollida nun podcast, que incluirá testemuños recollidos este 1 de agosto na illa de San Simón e que estará dispoñible nos próximos días tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify.
Nesta segunda edición do programa, que comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano, recóllense as historias de mulleres como as leiteiras de Pontevedra, a investigadora Inmaculada Paz Andrade, a escritora Avelina Valladares, a guerrilleira Placeres Castellanos, a fotógrafa Mary Quintero, a raíña Urraca I de León, A temeraria, a artista Mercedes Ruibal, a soprano María Pardo, a política e activista Urania Mella e a combatente María Araujo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?