Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación do sistema de bicicletas eléctricas da USC chega aos mil usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación do sistema de bicicletas eléctricas da USC chega aos mil usuarios

S. P.
Publicado: 05/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

santiago_presentacion-ebici-23.jpgO programa piloto de préstamo de bicicletas eléctricas éBiCi USC rexistrou dende o seu inicio no mes de abril preto de 1.000 persoas usuarias e realizou máis de 2.500 préstamos de bicicletas ao conxunto da comunidade universitaria. Ademais, a valoración do programa e da aplicación móbil que lle serve de sustento é “moi positiva” ou “positiva” entre máis do 96% das persoas que botaron man deste servizo, segundo a USC.
O xerente Javier Ferreira e mais o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, deron a coñecer os datos correspondentes a esta primeira etapa da iniciativa. Segundo informaron, unha vez rematada esta fase piloto, a intención da USC é consolidar e ampliar a oferta estable tanto de bicicletas como de estacións de cadeado para o cal “será preciso contar co apoio da administración, tanto local como autonómica”.
Comentaron que “máis do 73% das persoas usuarias non experimentaron ningunha incidencia á hora de usar este servizo de préstamo, mentres que as que si sufriron algunha realizaron maioritariamente unha valoración positiva ou moi positiva tanto do tempo de resposta, como da atención recibida, como da resolución da incidencia”. Tal e como se evidenciou no acto, de entre as persoas participantes nesta fase piloto, máis do 84% foron estudantes. No relativo ao reconto, a estación da Biblioteca Concepción Arenal foi a que rexistrou máis préstamos de bicicleta tanto como estación de orixe, como de destino.
Sistema de préstamo
A USC puxo en marcha en 2024 este programa piloto de préstamo de bicicletas eléctricas na capital de Galicia para a comunidade universitaria coa colaboración do Concello compostelán que, mediante sinalización específica, creou un percorrido que conecta os campus da cidade mediante unha vía de convivencia para bicicletas e outros vehículos. Neste momento o programa conta con dez bicicletas eléctricas que empregan unha batería cunha autonomía de entre 60 e 80 quilómetros. Cada dispositivo dispón dunha batería extra para facilitar a substitución e carga centralizada en dependencias diferentes ás estacións, asegurando o seu bo manexo, así como a correcta carga das mesmas, cuestións que afectan de xeito directo na súa vida útil e desempeño. Así mesmo, éBiCi USC está dotado con catro estacións instaladas, dando servizo cada unha delas a dez dispositivos (cadeados).
éBiCi USC baséase nunha aplicación que facilita ás persoas usuarias a interacción co sistema. A través dela, as e os usuarios poden rexistrarse, consultar as bicicletas que hai en cada parada así como os cadeados libres, informar de incidencias e consultar información sobre o programa de préstamo. Ademais, a USC tamén puxo a disposición do programa piloto o persoal do Parque Móbil da Universidade cunha furgoneta adaptada para mobilizar bicicletas e encargarse de atender as incidencias ocorridas no horario do servizo, así como levalas a reparar, revisar diariamente o estado das baterías e cambialas cando estas teñen unha carga inferior ao 30-40%. Tamén dan asistencia aos usuarios cando se produce algunha avaría entre paradas, chegando a recoller as bicicletas no lugar onde se produza a incidencia.
A USC engadiu que neste cuadrimestre “testouse o funcionamento do sistema, a intensidade de uso das bicicletas, a duración e distancia dos percorridos empregados, cales son os puntos de recollida máis demandados e mesmo a validez das bicicletas adquiridas coa intención de adaptar a oferta real do servizo ao que demande a comunidade universitaria”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?