Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC capta máis de 8 millóns para grupos, unidades de investigación e transferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC capta máis de 8 millóns para grupos, unidades de investigación e transferencia

S. P.
Publicado: 05/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_edificio-2.jpgOs centros e unidades de investigación da UDC, así como persoal investigador con traxectoria excelente, vén de acadar unha captación de máis de 8 millóns de euros para proxectos de investigación e transferencia e de xeración de coñecemento e consolidación de estruturas. Así se desprende da resolución de dúas convocatorias de axudas dirixidas a este tipo de actividade.
Axudas da Xunta
Por unha banda, na convocatoria de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento no Sistema Universitario de Galicia (SUG), realizada pola Xunta de Galicia, a UDC obtivo 4,2 millóns de euros para 2024. Esta liña de subvencións financia estruturalmente a grupos de investigación que se dividen en tres categorías: grupos de referencia competitiva, grupos con potencial crecemento e persoal investigador con traxectoria excelente. Dependendo de publicacións, patentes, teses dirixidas e proxectos acadados nos tres últimos anos; así como do prestixio acumulado, os diferentes grupos optaron a unha destas estas categorías con apoios económicos establecidos de entre 90.000 e 400.000 euros.
Así, na modalidade de maior prestixio a de Grupos de Referencia Competitiva (GRC), un total de 8 grupos, un máis que na convocatoria anterior, obtiveron 2,4 millóns de euros. Tres dos grupos pertencen ao Centro de investigación en tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC): LYS (Lingüística), MODES (Estatística e Investigación Operativa), e GTEC (Teoría do Sinal e Comunicación); un ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), EXPRELA (Bioquímica e Bioloxía Molecular); e GDC (Economía Aplicada), ao centro ECOBAS; mentres os outros tres non están adscritos a ningún centro de investigación, senón a facultades. No caso de VARPA (Ciencia Computacional e Intelixencia Artificial) á de Informática; Dereito Público Global á de Dereito e a novidade deste ano, GET, da Facultade de Socioloxía.
Polo que respecta a Grupos con Potencial de Crecemento (GPC), a UDC pasou de 5 na convocatoria anterior a 9 na actual. Son os grupos GRICA (Palentoloxía), BioCost (Ecoloxía) e GIBE (Xenética), adscritos ao CICA; TELEMATICA (Enxeñaría Telemática) e LIA2 (Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial), do CITIC; e CULXEO (Palentoloxía), do CISPAC. Mentres que os outros tres grupos están vencellados a facultades. É o caso de ECD, de Dereito; GIACE (Métodos de Investigación e Diagnose en Educación) e ARTE-FACTO (Didáctica da Expresión Plástica), da Facultade de Ciencias da Educación.
Por último, na categoría de persoal investigador excelente, houbo nove subvencións por un total de 835.000 euros.
28 Proxectos de coñecemento
No que respecta aos proxectos de xeración de coñecemento e actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral asociadas a ditos proxectos convocados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, obtivéronse 3,9 millóns de euros vencellados a 28 proxectos (16 en centros de investigación da UDC e 12 para iniciativas de grupos non pertencentes a centros).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?