Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant únese a NVIDIA Metropolis para impulsar as súas solucións de IA en análise de vídeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant únese a NVIDIA Metropolis para impulsar as súas solucións de IA en análise de vídeo

S. P.
Publicado: 06/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gradiant-joins-nvidia-metropolis-to-boost-its-vision-ai-solutions_01.jpgO centro tecnolóxico vigués Gradiant uniuse a NVIDIA Metropolis, un programa de socios e un ecosistema internacional de desenvolvedores enfocado a levar ao mercado unha nova xeración de aplicacións de Intelixencia Artificial para a análise de vídeo, ferramentas deseñadas para facer que os espazos e as operacións máis importantes do mundo sexan máis seguras e eficientes.
A través da súa solución Bird Detection, Gradiant pode proporcionar identificación e clasificación en tempo real de aves en espazos abertos como parques eólicos terrestres e mariños, aeroportos e outros escenarios naturais, contribuíndo así a aumentar a seguridade das especies de aves en múltiples contornas.
Gradiant utilizará as tecnoloxías de NVIDIA para axudar a mellorar o seu coñecemento en análise de vídeo impulsado por IA para a detección e clasificación automatizada de aves.
O centro vigués explica que o procesamento dos algoritmos da solución realízase no edge, “utilizando a plataforma de Intelixencia Artificial NVIDIA Jetson Edge”. Gradiant tamén utiliza NVIDIA DeepStream SDK para mellorar o rendemento do fluxo de transmisión de vídeo e NVIDIA TensorRT para mellorar o rendemento dos seus algoritmos de aprendizaxe automática.
Luis Pérez Freire, director xeneral de Gradiant, describe a colaboración con NVIDIA como “un novo fito que posiciona de novo á nosa organización no escenario internacional engadindo valor ao ecosistema de visión IA”. Tamén a describe “como unha oportunidade para seguir mellorando e acelerando os nosos desenvolvementos en aplicacións de IA mediante o acceso aos últimos desenvolvementos e solucións de NVIDIA”.
En última instancia, esta colaboración axudará a Gradiant a posicionarse á vangarda da innovación no sector da IA e a seguir avanzando na súa tecnoloxía nun momento crucial para a adopción da IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?