Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 7.000 mozos galegos xa se benefician do bono para as súas compras de cultura física e dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 7.000 mozos galegos xa se benefician do bono para as súas compras de cultura física e dixital

S. P.
Publicado: 06/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

010223-como-solicitar-bono-cultural-joven-2023.jpgA Delegación do Goberno en Galicia fixo balance este mes de agosto das posibilidades para acceder á cultura que brinda o Bono Cultural para a mocidade. Esta medida do Ministerio de Cultura recibiu 7.112 solicitudes ata o mes de xullo en Galicia, que supoñen o 29,9% dos potenciais beneficiarios. Así se recolle no balance Cumprindo, que repasa os compromisos cumpridos polo Executivo desde o inicio da presente lexislatura.
A solicitude deste Bono Cultural pódese levar a cabo desde este xuño, finalizando o prazo o 16 de setembro. A axuda supón recibir 400 euros para gastar en cultura, en calquera das industrias e negocios culturais, estando dotado o programa a nivel nacional de 210 millóns de euros.
A partir da concesión da axuda, os mozos dispoñen dun ano para utilizar os 400 euros en produtos ou servizos culturais nos establecementos adheridos. O Bono Cultural funciona cun cartón de pago previo que o beneficiario pode ter de forma virtual no seu móbil ou recibir de forma física no seu domicilio. Con esa tarxeta a persoa usuaria pode gozar de experiencias e produtos culturais, que se dividen en tres tramos para favorecer a diversificación do gasto, coa seguinte distribución:
-100 euros para produtos físicos, por exemplo, libros, prensa ou discos.
-100 euros para produtos dixitais, como subscricións a plataformas, prensa dixital, podcast ou videoxogos en liña.
-200 euros para artes escénicas: teatro, ópera, cinema, danza, museos…
O obxectivo do Ministerio de Cultura con este Bono ten un dobre impacto, achegando beneficios tanto para os petos da xente nova como para as industrias culturais. O Goberno destaca que na pasada edición o seu alcance multiplicásese tanto no número de beneficiarios como no de entidades e comercios adheridos.
A campaña do 2023
O Bono Cultural para a xuventude que emite o Ministerio de Cultura chegou no 2023 ao 66% dos mozos e mozas galegos que partían como posibles destinatarios, 15.339 persoas en total duns 23.149 potenciais, todas nadas no ano 2005. Na súa primeira edición, no ano 2022, o Bono Cultural inxectou 1,9 millóns de euros nas industrias e comercios culturais da Comunidade a través das 50.000 operacións de compravenda que se fixeron ao seu cargo.
En total, un de cada dous mozos galegos que tiñan dereito a este bono beneficiáronse del en 2022.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?