Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega 1,5 millóns á Deputación da Coruña para transformar o padrón municipal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega 1,5 millóns á Deputación da Coruña para transformar o padrón municipal

S. P.
Publicado: 06/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maria_rivas_jose_ramon_rioboo_padron_deputado.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, mantivo unha reunión co responsable de Facenda, Recursos Humanos e Avance Dixital da Deputación da Coruña, José Ramón Rioboo, na que puxeron en valor os 1.5 millóns de euros que o Executivo central concedeu á institución coruñesa para a transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal nas entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Segundo o publicado o pasado día 24 no Boletín Oficial do Estado, a Deputación da Coruña obtén esta axuda dentro dunha convocatoria que deixa en Galicia, 4.020.000 euros, para levar a cabo o proxecto Cara o padrón online: novo modelo de xestión da información territorial na provincia.
Ambos resaltaron que o padrón municipal é un rexistro de gran importancia, por canto a inscrición nel supón o requisito previo e imprescindible para que as persoas poidan ter acceso, con todas as garantías, ao uso dos servizos públicos de educación, sanidade e servizos sociais nun municipio, e ao exercicio do dereito de sufraxio, entre outros aspectos. Por ese motivo, sinalaron, “é preciso dotalo dun réxime de xestión e actualización de datos rápido, áxil e con garantías, co fin de permitir á cidadanía acceder a todos os servizos do municipio onde residen, e reducir ao mínimo os riscos derivados dunha incorrecta inscrición”.
Segundo engadiu María Rivas, “a modernización do padrón tamén incidirá nunha mellor elaboración de políticas públicas como as relativas a fiscalidade, servizos sociais ou axudas á rehabilitación, de tal xeito que unha vez máis o Goberno pon no centro a atención ás persoas, neste caso, especialmente ás que viven nos concellos de menos de 20.000 habitantes”.
Pola súa banda o deputado de Facenda, José Ramón Rioboo, indicou que a axuda acadada enmárcase dentro da Estratexia Dixital da Deputación da Coruña, que ten como prioridade a implantación dunha Administración totalmente dixital adaptada ás entidades locais, “situando á cidadanía no centro da actividade administrativa, a través de máis e mellores servizos interactivos que axilizan os trámites administrativos e que garanten a eficiencia da administración dixital a nivel local”.
O investimento de 1,5 Me servira para abordar o proceso de transformación dixital que permita aos concellos da provincia “mellorar e actualizar os seus padróns municipais conforme aos parámetros definidos polo Instituto Nacional de Estatística”, sinalou o deputado, engadindo que o proxecto inclúe a posta en marcha de sistemas tecnolóxicos que posibiliten a actualización instantánea da información no padrón de habitantes. “A devandita actualización en tempo real pode expor riscos importantes, polo que a participación da Deputación da Coruña garantirá a infraestrutura necesaria para asegurar a protección e confidencialidade dos datos durante o proceso de actualización”, explicou, apuntando que “a través desta axuda do Plan de Recuperación a Deputación da Coruña ofrecerá asesoramento e acompañamento para implementar o proxecto da forma máis eficiente posible, especialmente aos concellos de menos de 20.000 habitantes, que carezan de capacidade para implantar o padrón en liña con recursos propios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?