Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 400 negocios galegos resultaron beneficiados das axudas autonómicas para a dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 400 negocios galegos resultaron beneficiados das axudas autonómicas para a dixitalización

S. P.
Publicado: 09/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240809__dxcc_visita_umbela_orde_dixitalizacion_1.jpgO director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a presidenta da Federación provincial de comercio de Ourense, Beatriz Gómez, visitaron na cidade ourensá a tenda de moda feminina Umbela, beneficiaria da convocatoria deste ano para a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial e artesanal.
En concreto, o establecemento recibiu apoios específicos nas liñas de dixitalización e innovación, o que lle permitiu seguir avanzando nas áreas de ecommerce e comercio intelixente para impulsar a súa competitividade e modernización.
Segundo explicou Alén, no conxunto de Galicia, na presente convocatoria (resolta recentemente) resultaron beneficiarios máis de 400 negocios, un 82% correspondentes a comercios e o resto, obradoiros artesanais.
Con estas axudas, a Xunta busca “apoiar ao sector para que se adapte á nova realidade a través da introdución de tecnoloxías que lles permitan conectar coas necesidades do cliente á vez que se melloran os equipamentos dos establecementos para consolidar un comercio de proximidade, moderno e sustentable”.
20240809__dxcc_visita_umbela_orde_dixitalizacion_2.jpgOs negocios interesados podían optar á liña de dixitalización, na que se incluían actuacións como a implantación ou mantemento de páxina web, ferramentas de posicionamento dixital, xestión de redes sociais ou loxística ecommerce, entre outras.
Na liña de innovación cubríanse tanto accións de smart retail, dirixidas á transformación dixital do punto de venda e do modelo de negocio como iniciativas de visual merchandising para mellorar a experiencia de compra, como implantación de escaparates virtuais ou pantallas.
Por último, na liña destinada á modernización contemplábanse tres programas de actuación: un destinado á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos do local; outro de reforma para mellorar a imaxe do establecemento e outro para a adquisición de equipamento e maquinaria propios da actividade comercial e artesanal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?