Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsará este ano o primeiro portal estatístico centrado na economía social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsará este ano o primeiro portal estatístico centrado na economía social

S. P.
Publicado: 12/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

economia_social.jpgA Xunta impulsará este ano a visibilidade e crecemento da economía social co primeiro portal estatístico de Galicia centrado neste sector. Será en virtude do convenio asinado entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela e que se materializará a través do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP). O obxectivo é que o novo portal Galestat proporcione “información continua e actualizada sobre os produtores de mercado da economía social na nosa Comunidade”, sinalaron.
Segundo engadiron fontes da Xunta, esta ferramenta tamén permitirá avaliar as contribucións da economía social á consecución dos grandes obxectivos sociais e económicos pois con ela poderanse elaborar análises comparativas intertemporais, interrexionais e internacionais sobre as empresas e entidades da economía social. Dela poderán beneficiarse as administracións públicas, as empresas, as entidades de economía social, o persoal investigador e o resto da sociedade, que poderán tirar o máximo proveito dos recursos publicados na web e de todas as estatísticas recompiladas.
Para a posta en marcha, desenvolvemento e metodoloxía de Galestat mantense unha colaboración permanente con outros portais estatísticos como o Ciriec-España, Ciriecstat e o valenciano Valestat. Así, a colaboración entre a Xunta e a USC para lanzar este portal inclúe a elaboración de táboas iniciais, unha delas con datos como o número de entidades relacionadas coa economía social, tipoloxías e cifra de traballadoras e traballadores, entre outros.
Tamén se deseñarán táboas con información relacionada coa localización das entidades, entre elas cooperativas e sociedades laborais, desagregando a información por ámbito xeográfico. A maiores, realizarase un apartado con datos destas entidades por períodos temporais.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina a esta acción 10.000 euros e forma parte da comisión de seguimento mixta creada ao abeiro da colaboración coa USC, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?