Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Centos de persoas de todas as idades acudiron á 2ª edición de Rianxo Gaming
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Centos de persoas de todas as idades acudiron á 2ª edición de Rianxo Gaming

S. P.
Publicado: 12/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rianxo_gaming_3_durante.jpgO Campo de Arriba de Rianxo acolleu este 10 de agosto a segunda edición da feira de videoxogos Rianxo Gaming, evento anual dedicado ao mundo gamer que fixo fincapé na vertente máis creativa e participativa deste ámbito.
Con formato de feira, o evento incluíu unha gran variedade de actividades como charlas, obradoiros, competicións de eSports, retro-gaming (exposicións de máquinas antigas), demostracións de Realidade Virtual, tendas e música en directo.
Participaron centos de persoas de todas as idades. A carpa puxo a disposición das e dos visitantes dúas ducias de consolas, media ducia de máquinas Arcade, 2 recantos de RV e tres máquinas de xogos.
rianxo_gaming_2_durante.jpgNo apartado de divulgación educativa, este ano houbo dúas charlas orientadas á mocidade e ás familias. Por unha banda Mulleres gamers, retos e desafíos, unha mesa redonda para coñecer a perspectiva das mulleres na industria do gaming, na que tomaron a palabra mozas gamers e influencers que falaron sobre as súas propias experiencias. Pola outra, celebrouse a sesión Familia, eu quero ser youtuber, unha charla dirixida ás familias para axudar a coñecer as oportunidades laborais que xorden da creación de contidos para as redes sociais, pero tamén dos riscos que van asociados a este tipo de actividades.
rianxo_gaming_durante.jpgO evento foi impulsado Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, a empresa galega de deportes en liña e eventos.
No evento participaron o Museo do Videoxogo, A Vella Escola Cultura Urbana, a Escola de Música de Rianxo, e no apartado audiovisual coa realización de Volvemos a Primera Producciones.
Colaboraron A Túa Xanela, ROT SL, Mínimo Eventos, Creade Impresión Dixital, BEEP Rianxo, Libreria Xacobiño, Librería Cándido, Kiosco José Ramón, Rent Galicia Inmobiliaria e Asociación A Moreniña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?