Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS traballa nun novo proxecto para mellorar a calidade de vida no rural do suroeste de Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS traballa nun novo proxecto para mellorar a calidade de vida no rural do suroeste de Europa

S. P.
Publicado: 12/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

robota_open_graph_7e86d1558f.jpgOs investigadores do CiTIUS Juan Antonio Corrales e Saltanat Seitzhan veñen de participar na reunión de lanzamento do proxecto ROBOTA-SUDOE, un evento que tivo lugar recentemente en Portugal. O encontro, celebrado na sede do CENTIMFE (Centro Tecnolóxico da Indústria de Moldes, Ferramentas Especiais e Plásticos) marcou o inicio dunha iniciativa pioneira destinada a modernizar os sectores económicos da área do Sudoeste de Europa (SUDOE), centrándose especialmente na industria agroalimentaria e os plásticos. Trátase, en palabras do centro da USC, “dun novo e significativo reto de investigación que contará coa nosa participación”.
Segundo engaden fontes do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), o obxectivo principal do proxecto ROBOTA-SUDOE é mellorar a competitividade e o crecemento das pequenas e medianas empresas (pemes) a través de solucións cooperativas innovadoras, mediante a integración da robótica, a dixitalización e a automatización.
Coa experiencia colectiva e a cooperación de tódolos socios, o proxecto busca tamén “crear avances tecnolóxicos significativos sobre a base da Intelixencia Artificial e das ferramentas de vangarda que beneficiarán a diversas industrias”: solucións deseñadas para abordar os desafíos locais e promover a sustentabilidade ambiental, contribuíndo a levar a innovación aos territorios tradicionalmente artesanais e menos desenvolvidos.
Juan Antonio Corrales, investigador responsable do proxecto no CiTIUS, salientou a importancia desta nova posta en común, afirmando que “o proxecto ROBOTA-SUDOE representa un paso crucial cara á innovación tecnolóxica en rexións tradicionalmente desatendidas: ao aproveitar a IA avanzada e a robótica cooperativa, o noso obxectivo non só é impulsar a competitividade das pemes, senón tamén mellorar a calidade de vida nas zonas rurais”.
En canto ao papel que xogará a Universidade de Santiago de Compostela, Corrales explica que “o CiTIUS contribuirá ao desenvolvemento e implementación de novas aplicacións robóticas”.
Entre os resultados esperados figura a creación de robots cooperativos para diversas aplicacións, como o corte de carne, o empaquetado de froitas e a ensamblaxe de bonecas. Ademais, o proxecto planea establecer tres “laboratorios viventes” para mostrar e promover estas solucións en diferentes sectores e pequenas e medianas empresas da rexión.
A reunión inicial proporcionou unha plataforma para que os socios discutisen os obxectivos, os desafíos e as accións iniciais do proxecto. Entre os principais participantes atopábanse CENTIMFE (Centro Tecnológico da Indústria de Moldes, Ferramentas Especiais e Plásticos), C-MAST (Centro de Ciencia y Tecnologías Mecánicas y Aeroespaciales), Cerfundão (Embalamento e comercialização de cereja da Cova da Beira), AIJU (Instituto Tecnolóxico de Producto Infantil e Ocio), INDUSTRIA AUXILIAR JUEMA S.L., CiTIUS-USC, Centro Tecnolóxico da Carne, Clermont Auvergne INP e CIMES.
“O evento foi unha oportunidade para o intercambio intelectual e a colaboración, preparando o escenario para o traballo innovador que se aveciña e subliñando o compromiso de todos os socios no avance das tecnoloxías de robótica e automatización dentro da rexión SUDOE”, engadiron fontes do CiTIUS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?