Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña licita a obra do seu novo centro de formación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña licita a obra do seu novo centro de formación

S. P.
Publicado: 14/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camara_coruna_formacion.jpgA Cámara da Coruña inicia o proceso de licitación para a construción dun novo Centro de Formación, unha infraestrutura que busca “potenciar o desenvolvemento profesional e empresarial da área” e que, en palabras da entidade, “consolidará a Cámara como referente en materia de formación empresarial e para o emprego”. O proxecto, un dos piares de crecemento que recolle o Plan Estratéxico da Cámara da Coruña, situarase no terceiro andar da sede central da entidade, un espazo que vén dinamizar o centro urbano da Coruña e que ocupará unha superficie de 750m2, distribuídos en 8 aulas, incluída unha Aula Magna e dúas salas de informática.
A entidade contempla un investimento total, incluíndo as partidas de deseño e decoración, de 420.000 euros provenientes de fondos propios.
cursos_camara_coruna-2.jpg Para Antonio Couceiro, presidente da Cámara, “este centro supón un paso fundamental para fortalecer o tecido empresarial da Coruña. O noso obxectivo é continuar proporcionando a empresas e profesionais as ferramentas necesarias para adaptarse ás demandas dun mercado en constante evolución e favorecer o desenvolvemento económico e social da área. Hoxe en día, o capital humano é un elemento clave e diferenciador para a competitividade das nosas empresas. É por iso, que a Cámara prioriza o facilitar o acceso a unha formación de calidade”.
Segundo engade, o centro está concibido para ofrecer “unha contorna de aprendizaxe innovadora que apoie o crecemento das capacidades laborais e empresariais”. Contará con espazos versátiles equipados con tecnoloxía avanzada para facilitar unha variedade de programas de formación, cursos e seminarios nas opcións de aprendizaxe online, presencial e en aula virtual. “Trátase dunha oferta deseñada para responder as necesidades actuais do mercado e as tendencias das empresas e as industrias”, sinala.
As bases da licitación están publicadas no Perfil do Contratante da web da entidade. O prazo de presentación de ofertas finaliza o 30 de setembro e está previsto que entre en funcionamento a próxima primavera.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?