Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O bacharelato STEMBach chegará a máis de 50 centros de toda Galicia o vindeiro curso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O bacharelato STEMBach chegará a máis de 50 centros de toda Galicia o vindeiro curso

S. P.
Publicado: 14/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

stembach_190620_rosalia_12a.jpgO Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMBach, amplíase a máis centros e alumnos no próximo curso 2024-2025. A Xunta de Galicia publicou este mércores 14, no Portal Educativo, a resolución cos oito centros que se incorporan e os 45 que continúan neste programa.
Trátase dos institutos IES Punta Candieira (Cedeira), IES A Sardiñeira (A Coruña), IES de Cacheiras (Teo), IES de Rodeira (Cangas) e IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa); así como dos colexios CPR Plurilingüe Alca (Ames), CPR Plurilingüe Cristo Rey (A Coruña) e CPR Plurilingüe Las Acacias (Vigo).
Unha das principais novidades introducidas pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP para o vindeiro curso é o recoñecemento de créditos ECTS universitarios para o alumnado que participe neste programa educativo. En concreto, os estudantes que superen o STEMBach e se matriculen nunha das universidades públicas galegas verán recoñecido o seu mérito cun máximo de 6 créditos ECTS de libre configuración ao longo da súa traxectoria universitaria. A participación no Programa Mentoring STEMbach de cada universidade será un requisito para obter estes créditos.
Outra das melloras no programa consiste no recoñecemento dos mellores proxectos de investigación realizados por estudantes en colaboración coas universidades. Ademais, créase a Rede STEMbach, unha estrutura de apoio e reforzo aos axentes implicados no programa. O alumnado desta rede terá preferencia para participar en determinadas accións específicas das universidades e poderá ver o seu traballo promocionado en feiras e publicacións científicas recoñecidas.
Segundo explica a Consellería de Educación, os docentes do STEMBach tamén se beneficiarán desta nova fase do programa, “cun acceso facilitado ás instalacións e equipamentos do Centro de Innovación Educativa e Dixital para o desenvolvemento de proxectos”. Tamén disporán de contidos específicos para a ensinanza das materias STEM e dun repositorio común de charlas e recursos relacionados.
Por outra banda, a Xunta organizará encontros entre profesorado e alumnado do STEMBach para compartir experiencias e boas prácticas, ao tempo que se fará un acompañamento constante desde a Consellería a través dun espazo virtual común.
Facendo un algo de balance, lembrar que neste Bacharelato de excelencia xa se titularon máis de 1.000 estudantes. Destaca a participación de docentes de renome como Ángel Carracedo, xenetista e catedrático de Medicina Legal da USC.
O programa ten unha duración de dous cursos académicos e está aberto ao alumnado de calquera modalidade de Bacharelato. Enmárcase na Estratexia Educación Dixital, Edudixital 2030 e ten como obxectivo promover o desenvolvemento de competencias STEM a través de contidos curriculares relacionados co pensamento computacional e as tecnoloxías inmersivas, como a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada e a Intelixencia Artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?