Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira reforzará a seguridade nas praias coa nova aplicación móbil da Deputación da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira reforzará a seguridade nas praias coa nova aplicación móbil da Deputación da Coruña

S. P.
Publicado: 14/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ribeira_aplicacion_ceus.jpgO segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, acudiron este martes 13 de agosto ao Náutico de Razo, en Carballo, para a presentación da aplicación tecnolóxica da Deputación da Coruña dirixida a mellorar da seguridade e a comunicación nas praias da provincia: un proxecto piloto que a entidade provincial está a desenvolver da man da empresa Ceus World, e que se está implantando nas praias de Barrañán (Arteixo), Razo (Carballo), Caión (A Laracha), O Vilar (Ribeira) e Pantín (Valdoviño).
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira e o responsable de Ceus World, David Varela, foron os encargados de explicar os detalles do proxecto, nun acto onde tamén participaron representantes dos concellos implicados.
Regueira puxo en valor a utilidade desta aplicación, “tanto para a recollida de datos como para a mellora da seguridade nas nosas praias: dúas cuestións prioritarias para esta administración”. Neste sentido, apuntou, “os datos en tempo real tanto sobre os usuarios das praias, como sobre os rescates e incidentes, permitirannos ofrecer unha experiencia máis segura e, ao mesmo tempo, analizar o perfil que nos visita para avanzar en estratexias de planificación turística”. O obxectivo, dixo, é “que a experiencia turística sexa positiva, e que os nosos areais sigan destacando pola súa calidade e seguridade”.
Pola súa banda, o director executivo (CEO) da firma Ceus World, David Varela, destacou a importancia de que “os concellos se involucren nos procesos de salvamento e socorrismo”, e salientou a principal finalidade da app, que é “reducir os tempos de actuación dos servizos de emerxencia, e poder coñecer de antemán que está sucedendo nas praias, o que é vital para os socorristas”. A nivel turístico, explicou que a aplicación servirá para “coñecer a procedencia dos visitantes” e, ademais, para mellorar a experiencia e seguridade “tamén de persoas con discapacidade auditiva ou motora”.
A experiencia en Ribeira
ribeira_aplicacion_ceus_2.jpg No concello de Ribeira “en principio a intención era implantar a aplicación tecnolóxica exclusivamente na praia do Vilar, pero finalmente conseguimos integrar a app en todos aqueles areais nos que temos puntos de socorrismo, que son Coroso, Río Azor, A Ladeira, en Castro-Catía e no Vilar”, apuntou o concelleiro Suárez-Puerta, engadindo que “a ferramenta, malia estar en fase de proba, ten capacidade para xerar un impacto positivo directo”.
O edil agradeceu que a Deputación contase con Ribeira para este proxecto: “Que se escolla o noso concello para implantar este tipo de tecnoloxías demostra a confianza que teñen outras administracións no traballo que estamos a facer en Ribeira dende a Concellería de Turismo e Novas Tecnoloxías”.
Pola súa banda, o concelleiro de Sanidade destacou “que a principal función é mellorar os tempos de resposta das emerxencias, xa que grazas a este recurso reducirase o tempo de aviso no punto de socorrismo; ese espazo de tempo probablemente se traduza en salvar vidas que é o que busca principalmente a aplicación. Tamén o sistema recollerá o rexistro de tódalas incidencias co que se poderán clasificar as praias por incidencias e risco. Eu creo que é un proxecto piloto extremadamente útil o seu desenvolvemento dependerá de como funciona esta primeira fase e da coordinación dos concellos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?