Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fibra óptica de Adamo chega ás zonas rurais de Becerreá, Guntín, O Corgo e Portomarín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fibra óptica de Adamo chega ás zonas rurais de Becerreá, Guntín, O Corgo e Portomarín

S. P.
Publicado: 23/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnico_adamo.jpgA operadora Adamo deu este verán un paso adiante no desenvolvemento das telecomunicacións de varios concellos lucenses que tiñan pendente ampliar a fibra óptica ás súas áreas máis afastadas dos principais núcleos de poboación. Así, as zonas rurais de Becerreá, Guntín, O Corgo e Portomarín estrean Internet de alta velocidade grazas á despregadura que está a levar a cabo a empresa.
Ata 1.415 familias conectadas
Adamo confirmou que as actuacións levan tempo en marcha e que “os primeiros fogares conectados xa son unha realidade”. Porén, a operadora Adamo seguirá expandindo a fibra óptica nos devanditos catro territorios lucenses. En concreto, ata completar o programa previsto polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e estender así esta infraestrutura a 1.415 casas coa seguinte desagregación:
-Becerreá, 279 fogares.
-Guntín, 487.
-O Corgo, 333.
-Portomarín, 316.
Fronte ao despoboamento
Adamo mostrou o seu convencemento sobre as posibilidades que abre esta novidade tecnolóxica na loita contra o temido fenómeno do despoboamento que os catro concellos lucenses manteñen desde hai décadas. De feito, segundo lembra a compañía, Becerreá perde habitantes desde os 60; O Corgo, desde os 50; e Portomarín, desde os 40. Pola súa banda, a sangría demográfica de Guntín remóntase ata un século atrás.
Para contribuír a fixar poboación, Adamo subministra no rural lucense (a través dos plans do Ministerio para a Transformación Dixital) fibra óptica de ata 1.000 Mb, que é, segundo indica a empresa, “a mesma velocidade máxima habitual de conexión que pode atoparse en calquera gran cidade”. Así que agora é posible navegar por Internet á mesma velocidade en Barcelona, en Madrid… e nas zonas rurais de Becerreá, Guntín, O Corgo e Portomarín.
A operadora recorda tamén que a conexión que proporciona posibilita realizar con garantías actividades que hoxe resultan habituais: teletraballo, educación online, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?